Mercadona mantiene su apuesta por las picotas cabecera

Mercadona mantén a súa aposta polas picotas e as cereixas do Valle del Jerte

10 de novembro de 2016
  • Mercadona comprou na última campaña 3.000 toneladas de cereixas e picotas do Valle del Jerte, o cal significa o 12% do total da produción da zona.

A aposta de Mercadona polos produtos frescos e, concretamente, pola froita e os vexetais de proximidade, impulsou que a compañía volvese mercar este ano 3.000 toneladas de picotas e cereixas do Valle del Jerte (Estremadura). Esta cifra supón o 12% da produción total no Valle del Jerte, grazas á colaboración da compañía co sector.

Durante toda a campaña, a cereixa e a picota estremeñas vendéronse na maioría dos supermercados de Mercadona no país.

Tanto para Emilio Sánchez, presidente da Agrupación de Cooperativas “Valle del Jerte”, como para Domingo Fraile, xerente da empresa do fornecedor Campo y Tierra, “a aposta de Mercadona polo noso produto é moi importante para o sector, tendo en conta que na presente campaña se reduciu a produción por mor das condicións meteorolóxicas previas e que se chegou con un mes de atraso aos mercados (…) É unha satisfacción para os nosos agricultores podermos comercializar o produto en todo o territorio nacional”.

Mercadona mantiene su apuesta por las picotas imagen

Esta aposta de Mercadona pola picota e a cereixa estremeñas súmase á xa realizada por outros produtos locais da zona como son a castaña ou a froita de coia (nectarinas, pexegos paraguaios, ameixas, etc…).

Produtos españois en Mercadona

A comercialización de cereixas españolas é un exemplo da variedade de produtos frescos nacionais na sección de Froita e Vexetais de Mercadona, xunto a outros produtos como as laranxas ou a pataca.

Mercadona traballa e colabora co sector primario español mediante acordos estables con 7.500 agricultores, 4.300 gandeiros e 12.000 pescadores de todo o territorio nacional. Aínda, Mercadona realiza compras en España por valor de 15.393 millóns de euros ao ano, o cal supón que o 85% do total de produtos á venda en Mercadona sexan orixe España.