AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Mercadona incrementa las compras cabecera

Mercadona incrementa as compras de pataca de orixe nacional

11 de novembro de 2016
  • Mercadona pecha a campaña de pataca española cunhas compras de 124.000 toneladas, un 8% máis respecto da campaña anterior.
  • As patatas de Mercadona proceden de 500 produtores locais de diferentes puntos de España.

Para ofrecer patacas en todas as súas tendas de España, Mercadona comprou na campaña de 2016 (comprendida entre os meses de maio e novembro) un total de 124.000 toneladas de pataca española, un 8% máis respecto da campaña anterior.

Para poder ofrecer esta raíña da horta na mesa dos nosos clientes, realízanse compras de pataca para Mercadona a 500 produtores locais de diferentes puntos de España, procedentes, máis en concreto, de zonas produtoras como son Castela e León, Rexión de Murcia, Castela-A Mancha (Albacete), Andalucía (Sevilla e Huelva), Euskadi (Araba/Álava), as Baleares ou as Canarias.

Mercadona incrementa as compras de pataca de orixe nacional.

Procedencia das patacas de Mercadona

procedencia das patacas de Mercadona é nacional. As patacas de Mercadona, desde que se inicia a época de pataca nacional en abril-maio até o mes de outubro-novembro (dependendo do ano), son orixe España.

Mercadona só importa patacas doutras orixes entre os meses de outubro e abril. O motivo é que durante estes meses a produción en España é insuficiente, ou ben non se axusta aos requisitos solicitados polos consumidores. Como todos os anos, a partir de abril-maio e até outubro-novembro pódense encontrar patacas españolas en Mercadona.

Do total de patacas que vende Mercadona, máis do 80% son patacas de orixe España.

Produtos españois en Mercadona

Mercadona, co obxectivo de ofrecer uns produtos frescos de calidade, traballa xunto ao sector primario español dentro dunha Cadea Agroalimentaria Sustentable. Alén diso, para ofrecer produtos españois en Mercadona, colabora con máis de 7.500 agricultores, 4.300 gandeiros e 12.000 pescadores de toda España.

Só en 2015 Mercadona realizou compras en España por valor de 15.393 millóns de euros, o cal supón que máis do 85% do volume total de compras que realiza son en España.