Juan Roig, durante la presentación de los resultados de Mercadona de 2012.

Mercadona inviste 650 millóns de euros e crea 4.000 novos postos de traballo fixos en 2012

07 de marzo de 2013

A compañía reparte entre o conxunto do seu cadro de persoal 263 millóns de euros: 240 en concepto de prima por obxectivos e 23 millóns adicionais en concepto de compensación extraordinaria

  • A facturación medra un 7%, ata os 19.077 millóns de euros
  • O beneficio neto sitúase en 508 millóns de euros, un 7% máis ca en 2011, o que representa un 2,9% da cifra de vendas.
  • A compañía, co obxectivo de potenciar o valor do sector primario do noso país, vai continuar destinando importantes recursos e capacidades ao desenvolvemento dunhaCadea Agroalimentaria Sostible.
  • Juan Roig: "Mercadona vai continuar reforzando a súa aposta polo emprego de calidade; e como presidente da compañía para min é un orgullo poder dicir que calquera caixeiro/a ou repoñedor/a con máis de catro anos en Mercadona dispón dun salario que, incluídas primas por obxectivos, supera os 1.600 euros netos ao mes".

Mercadona creou 4.000 novos postos de traballo directos en 2012, todos eles fixos, o que eleva o total do seu cadro de persoal a 74.000 persoas. Con iso, a compañía reforzou o compromiso que mantén coa xeración de emprego estable e de calidade no noso país, como demostra o feito de que a pesar do complicado contexto incorporase un total de 14.000 novas persoas ao seu cadro de persoal durante os últimos cinco anos.

No momento do peche de 2012, e grazas tanto á implicación do conxunto das súas traballadoras e traballadores como á confianza demostrada polos clientes, a compañía alcanzou unha facturación de 19.077 millóns de euros, un 7% más ca en 2011. Tamén grazas a iso, o crecemento de vendas en superficie constante foi dun 2%. Ademais, as súas vendas en volume medraron un 6%, ata os 9.647 millóns de quilos e litros (quilitros).

Un ano máis, Mercadona seguiu incrementando a súa produtividade, cun crecemento do 1%. Esta mellora, sumada ao esforzo de cantos forman parte da compañía e ás diferentes iniciativas postas en marcha para mellorar a eficiencia, permitiu elevar o beneficio neto ata os 508 millóns de euros, un 7% máis ca en 2011, cifra que representa un 2,9% das vendas.

No marco de vincular parte da súa retribución aos beneficios e produtividade da compañía, Mercadona repartiu entre os seus traballadores 240 millóns de euros en concepto de primas por obxectivos. A iso, ademais, hai que sumar unha compensación extraordinaria de 23 millóns de euros, que a compañía decidiu igualmente repartir para neutralizar os efectos derivados da subida dos tramos de retención do IRPF. Con esta repartición adicional, Mercadona quixo garantirlles a todos os seus traballadores e traballadoras polo menos o mesmo salario neto que percibiron en 2011

Segundo Juan Roig, "Mercadona vai continuar reforzando a súa aposta polo emprego de calidade; e como presidente da compañía para min é un orgullo poder dicir que calquera caixeiro/a ou repoñedor/a con máis de catro anos en Mercadona dispón dun salario que, incluídas as primas por obxectivos, supera os 1.600 euros netos ao mes".

Mercadona: Aposta polo Sector Primario e a Cadea Agrolimentaria Sostible

En 2012, Mercadona puxo en marcha distintas iniciativas para incrementar o seu compromiso co desenvolvemento dunha Cadea Agrolimentaria Sostible. De feito, a compañía vén traballando dende hai anos xunto aos seus interprovedores neste sentido, co obxectivo de potenciar o valor do sector primario do noso país e vertebrar as economías locais, aínda que recoñece que queda aínda moito por facer neste sentido.

Para iso, ao longo do ano estreitou a colaboración con este sector e alcanzou acordos estables con máis de 4.200 agricultores, 3.200 gandeiros e 41 confrarías de pescadores, onde compra diariamente máis de 90 toneladas de peixe da lonxa. Ademais, e dentro da busca constante de solucións sostibles para o sector primario, tamén impulsou iniciativas concretas, como por exemplo a decisión conxunta cos seus interprovedores lácteos de pagar 2,5 céntimos máis por litro de leite adquirido aos gandeiros; medida da que se beneficiaron 2.000 gandeiros nacionais que subministran leite da marca Hacendado.

Dentro deste compromiso prioritario co sector primario, no que a compañía cre que existe unha clara oportunidade de crecemento e mellora, Mercadona vai continuar destinando, durante os próximos anos, importantes recursos e capacidades para contribuír ao desenvolvemento dunha Cadea Agrolimentaria Sostible no noso país. Debido a iso, e dados os esforzos que se van realizar durante os próximos anos neste ámbito, decidiu aprazar o seu proxecto internacional temporalmente, aínda que seguirá estudando calquera oportunidade que poida presentarse durante este tempo.

O reto da adaptación: Laboratorios e Estratexia Mandil

Ao longo de 2012 a compañía seguiuse enfrontando a un reto que considera de especial importancia: o da adaptación de forma áxil e rápida ás necesidades dos seus clientes. Para iso, fomentou, entre o conxunto do seu cadro de persoal, a proposta de novas ideas e proxectos, que unha vez analizados e testados coa colaboración dos clientes, permitiron introducir melloras. De feito, a compañía puxo en marcha diversos “laboratorios” nos seus supermercados, espazos que deseñou para, directamente a través da experiencia cos clientes, introducir diversas melloras de oferta, servizo e procesos. Actualmente, e centrada no reto de potenciar a súa sección de produtos frescos, Mercadona conta con “laboratorios” específicos nas súas seccións de Forno, Peixaría, Froita e Verdura, e Carnizaría.

Investimentos 2012 e compromisos 2013

En 2012, o investimento foi de 650 millóns de euros, cantidade que se destinou principalmente á apertura de 60 novas tendas, ata finalizar o ano cun total de 1.411 supermercados netos. Ademais diso, a compañía destinou importantes recursos ao equipamento e reforma de 55 supermercados para adaptalos aos estándares actuais da empresa, así como á construción do almacén satélite de Fuerteventura (Las Palmas) e á continuación das obras dos bloques loxísticos de Guadix (Granada) e de Abrera (Barcelona).

Para 2013, Mercadona ten previsto manter un investimento aproximado de 600 millóns de euros, que se destinarán, fundamentalmente, á apertura de 60 novas tendas, á reforma de supermercados, e a continuar coa construción dos bloques loxísticos de Guadix (Granada) e Abrera (Barcelona). Ademais diso, a compañía ten previsto crear 1.000 novos postos de traballo fixo directos, así como iniciar a busca de localizacións para abrir a súa primeira tenda en Euskadi no último trimestre de 2014 ou principios de 2015.

Segundo Juan Roig, "Mercadona vai continuar reforzando o seu compromiso coa xeración de riqueza en España a través dos feitos. Para iso, imos destinar importantes recursos e capacidades ao desenvolvemento da Cadea Agroalimentaria Sostible. Así mesmo, imos manter a nosa aposta por ofrecerlles aos nosos `Xefes´ máis calidade por menos prezo, algo que entendemos que é, en tempos como os actuais, máis importante ca nunca para as economías familiares".

MERCADONA: ALGÚNS FEITOS RELEVANTES EN 2012

  2011 2012 Observacións
Tendas 1.356 1.411 55 netes netas (60 aperturas // 5 peches)
Vendas c/IVE** 17.831 19.077 +7%
Unidades de venta“quilitros”** 9.079 9.647 +6%
Compartir riqueza xerada**.      
Traballador (prima por obxectivos)** 223 240  
Traballador (compensación extraordinaria)   23  
Impostos* 225 244  
Beneficio neto 474 508 +7% (2,9% s/vendes)
EBITDA** 1.040 1.082 +4% (2,9% s/ventas)
Investimento** 540 650 +20%
R. propis** 2.673 3.019 +13%
Cadro de persoal 100% contrato fixo 70.000 74.000 nous treballadores/dors
* En millóns de quilos/litros
** En millóns de euros

 

Juan Roig durante la presentación de resultados de Mercadona de 2012.

Juan Roig durante la presentación de resultados de Mercadona de 2012Juan Roig durante a presentación dos resultados de Mercadona de 2012.

 

Juan Roig y los miembros del Comité de Dirección de Mercadona durante la presentación de resultados de Mercadona de 2012.

Juan Roig e os Membros do Comité de Dirección de Mercadona durante a presentación dos resultados de Mercadona 2012.