Juan Roig y los Miembros del Comité de Dirección de Mercadona durante la presentación de resultados de Mercadona 2013.

A facturación de Mercadona medra un 4% e alcanza os 19.812 millóns de euros en 2013

06 de marzo de 2014

O crecemento compartido da compañía co país reflíctese en que máis do 85% das súas compras son produtos españois e en que a súa contribución tributaria de máis de 1.465 millóns de euros medra un 12%

  • O beneficio neto sitúase en 515 millóns de euros, un 1% máis que en 2012, o que representa un 2,9% da cifra de vendas.
  • O seu cadro de persoal incrementa a produtividade un 6%, e a compañía, cumprindo a premisa de compartir o beneficio cos seus traballadores, reparte 257 millóns de euros en prima por obxectivos.
  • A política retributiva da compañía permite que un caixeiro ou caixeira, repoñedor ou repoñedora con máis de 4 anos teña un salario neto de 1.400 euros ao mes.
  • Mercadona afronta o reto de despregar a súa Cadea Agroalimentaria Sostible durante os próximos 6 anos, unha verdadeira innovación do seu modelo de negocio.

Mercadona incrementou en 2013 a súa facturación un 4%, ata alcanzar os 19.812 millóns de euros. No momento do peche do ano, o beneficio da compañía foi de 515 millóns de euros, cifra que supón un 2,9% da cifra de vendas. Tamén as vendas por volume aumentaron un 2%, ata os 9.845 millóns de quilos e litros (quilitros), grazas á confianza depositada polos máis de 4,8 millóns de fogares que realizan a compra nos seus supermercados

A actividade xerada por Mercadona contribuíu a fomentar o desenvolvemento económico e social do noso país en 2013, como demostra o feito de que o 85% das súas compras sexan de produtos e servizos españois, máis de 14.500 millóns de euros. Ademais diso, a compañía tamén reforzou a súa contribución tributaria á economía do noso país por medio do pagamento dos tributos directos e indirectos que realiza, e que en 2013 ascendeu a 1.465 millóns de euros, un 12% máis que no exercicio tributario anterior. Deste total, 632 millóns de euros corresponden á Seguridade Social; 237 ao imposto de sociedades, cantidade que supón unha tributación do 33% dos seus beneficios; 524 á recadación do IVE e do IRPF; e 72 a outros impostos e taxas.

Prezos estables para contribuír ao aforro familiar

Un ano máis, o conxunto do cadro de persoal, 74.000 traballadoras e traballadores con contratos estables e de calidade, melloraron a súa produtividade un 6%. A implicación e o compromiso dos seus empregados permitiu cumprir cos distintos obxectivos marcados pola compañía, motivo polo que, dentro da súa política de retribución variable vinculada á consecución de resultados, decidiu repartir entre os seus traballadores máis de 257 millóns de euros en concepto de prima por obxectivos.

As melloras de produtividade e eficiencia alcanzadas en todos os ámbitos contribuíron a confirmar, no momento do peche de 2013, o diferencial de prezos de Mercadona respecto ao resto do mercado. Este esforzo da compañía contribuíu a manter unha inflación moderada en España, cuns prezos que durante todo o ano se situaron por debaixo da media anual do IPC de Alimentación. De feito, a compañía adquiriu o compromiso de seguir en 2014 contribuíndo a que os fogares españois, os nosos "Xefes", sigan dispoñendo dunha cesta da compra de calidade e a baixos prezos.

Implantación de novas seccións de frescos

En 2013 a compañía empezou a implantar o seu novo modelo de venda de produtos frescos, que inclúe catro seccións: forno, peixaría, froita e verdura, carnizaría e chacinaría, nas que se realiza un tratamento individualizado de cada produto cunha xestión diferente á dos produtos secos. Para iso, formouse a máis de 9.400 traballadores en distintos oficios de frescos, cun investimento que superou os 3 millóns de euros. A previsión é que a finais de 2014 máis de 21.000 traballadores estean formados como tendeiros cun investimento superior aos 15 millóns de euros.

No momento do peche de 2013 o novo modelo de peixaría púidose implantar en todos os supermercados da compañía; o de froita e verdura, en 867 tendas; o de forno, en 293; e os de carne e chacinaría, en 19. Esta aposta polo novo modelo de venda de produtos frescos continúa avanzando durante 2014 e actualmente todos os supermercados da cadea implantaron a nova sección de froita e verdura; mentres que no mes de maio a nova sección de carnizaría e chacinaría estará en 290 tendas e en xuño toda a cadea disporá da nova sección de forno.

Aposta polo Sector Primario e a Cadea Agroalimentaria Sostible de Mercadona

En 2013, Mercadona seguiu traballando estreitamente con todos os elos da cadea para avanzar no seu compromiso co desenvolvemento dunha Cadea Agroalimentaria Sostible de Mercadona que xere crecemento no sector hortofrutícola, pesqueiro e gandeiro do noso país que forman o devandito proxecto. Para iso, e dentro do seu obxectivo de, sempre que sexa viable, utilizar materia prima con orixe española, alcanzou novos acordos de colaboración co sector primario, que permitiron que, no momento do peche de 2013, a compañía manteña vínculos estreitos con 5.600 agricultores, 3.600 gandeiros e 8.000 pescadores de 80 lonxas ás que pertencen diversas organizacións e confrarías de pescadores de diferentes puntos de España.

Para Juan Roig, “2013 foi un ano de inflexión en Mercadona, no que puxemos as bases do que queremos ser como compañía nos próximos 6 anos. Agora toca reinventarnos de novo para poñer en marcha en Mercadona unha Cadea Agroalimentaria Sostible. Esta sostibilidade implica a satisfacción dos cinco compoñentes de toda a cadea: dos clientes, os traballadores, os provedores, o capital e a sociedade, para poñer en valor o traballo dos nosos agricultores, pescadores e gandeiros e poder ofrecer unha gran variedade de produtos frescos de gran calidade ao mellor prezo posible. E este gran cambio ten unha orixe: pídennolo os nosos 'Xefes' e é unha obriga para Mercadona".

Novo Convenio Colectivo: incremento do salario base do 17% respecto ao anterior

Outro dos principais fitos alcanzados pola compañía en 2013 foi a sinatura do novo Convenio de Empresa e do Plan de Igualdade cos representantes da Unión Xeral de Traballadores (UXT) e de Comisións Obreiras (CCOO). O novo convenio ten unha duración de cinco anos, e nel Mercadona comprometeuse a crear 1.000 novos empregos estables e de calidade ata 2018, ademais de manter o poder adquisitivo do seu cadro de persoal.

Segundo Juan Roig, “se hai algo no que firmemente creo é que o crecemento dunha empresa pasa por recoñecer a implicación dos seus traballadores e compartir con eles o beneficio xerado. Eu sempre manifestei que a solución é aumentar a produtividade e non baixar salarios. Nesa crenza baséase a nosa política retributiva, que permite que calquera caixeira, caixeiro, repoñedora ou repoñedor da compañía con máis de catro anos de antigüidade, o 80% do cadro de persoal actual, dispoña dun salario de 1.400 euros netos ao mes, ao que hai que sumar, se é o caso, dúas mensualidades máis de primas por obxectivos, feito que supón para min un claro orgullo e que, ademais, nos permite consolidarnos ano tras ano como unha empresa de alto rendemento”.

Investimentos 2013 e compromisos 2014

En 2013, o investimento foi de 650 millóns de euros, cantidade que se destinou principalmente á apertura de 61 novas tendas, ata finalizar o ano cun total de 1.467 supermercados e a reforma de 53 supermercados para adaptalos aos estándares actuais da empresa. Así como á construción do bloque loxístico xa inaugurado de Guadix (Granada) e ao de Abrera (Barcelona), actualmente en construción. Para 2014, Mercadona ten previsto manter un investimento aproximado de 700 millóns de euros, que se destinarán, fundamentalmente, á apertura de 60 novas tendas, á reforma de supermercados, e continuar coa construción do bloque loxístico de Abrera (Barcelona).

MERCADONA: ALGÚNS FEITOS RELEVANTES EN 2013

  2012 2013 Observacións
Tendas 1.411 1.467 56 netes (61 aperturas // 5 peches)
Vendas c/IVE* 19.077 19.812 +4%
Unidades de venta “quilitros”** 9.647 9845 +2%
Compartir riqueza xerada:      
Traballador (prima por obxectivos)* 240 257 +7%
Beneficio neto* 508 515 +1% (2,9% s/ventas)
Contribución tributaria* 1.306 1.465 +12%
Investimento* 650 650 =
R. propios* 3.019 3.438 +14%
Cadro de persoal total da compañía 74.000 74.000 =
* En millóns de euros
** En millóns de quilos/litros

 

Juan Roig durante la presentación de resultados de Mercadona de 2013.Juan Roig durante a presentación dos resultados de Mercadona de 2013.

 

Juan Roig y los Miembros del Comité de Dirección de Mercadona durante la presentación de resultados de Mercadona de 2013.Juan Roig e os Membros do Comité de Dirección de Mercadona durante a presentación dos resultados de Mercadona 2013.