Inicio de colaboración de Mercadona co Banco de Alimentos de Vigo

Mercadona inicia a doazón diaria de produtos de primeira necesidade ao Banco de Alimentos de Vigo

06 de xullo de 2020
  • La compañía afianza su colaboración con el Banco de Alimentos de Vigo entregando a diario productos de primera necesidad como carne, fruta, verdura, pescado, lácteos…
  • Mercadona refuerza las donaciones de alimentos durante la excepcional situación ocasionada por el Covid-19, y dar respuesta a las necesidades ocasionadas por esta situación de extraordinaria complejidad que estamos viviendo.
  • La compañía, hasta la fecha, ha donado a las distintas entidades y organizaciones sociales de Galicia 537 toneladas de productos y alimentos.
  • En 2019 la compañía donó un total de 706,6 toneladas de alimentos de primera necesidad tan solo en la comunidad autónoma de Galicia.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, reforza o seu Modelo Responsable durante a situación excepcional que vive o país ocasionada pola Covid-19. Neste sentido, inicia a doazón diaria de produtos de primeira necesidade ao Banco de Alimentos de Vigo co que xa colabora habitualmente, e procede a aplicar novas medidas que garanten tanto a seguridade das persoas, como a subministración desta organización.

As doazóns realizaranse dende tres tendas que Mercadona ten en Vigo, onde a entidade recollerá todos os días produtos aptos para o seu consumo pero non para a venda.

A entidade incorpórase ao proxecto social que a compañía iniciou en 2013 e que aglutina 19 comedores sociais e outras entidades benéficas de Galicia que reciben de Mercadona doazóns diarias, entre eles, varios comedores sociais de Vigo como os de La Esperanza, Misioneras del Silencio e La Sal de la Tierra.

Mariña Rivas, Xerente de Relacións Externas de Mercadona en Galicia, destaca "o magnífico labor que desenvolven dende o Banco de Alimentos de Vigo que non deixou de traballar para axudar aos demais nestes tempos difíciles". “A compañía, no seu firme compromiso de estar ao lado dos colectivos máis desfavorecidos, intensifica o seu Modelo Responsable colaborando cos bancos de alimentos e comedores sociais de Galicia, onde doou 706,6 toneladas de alimentos en 2019. A situación de excepcionalidade que estamos vivindo é moi cambiante e require pola nosa parte axilidade nas nosas decisións e formulacións, cun único obxectivo: facer o que faga falta para dar resposta ás necesidades das persoas máis vulnerables nesta situación de extraordinaria complexidade que estamos vivindo”.

Por outro lado, dende o Banco de Alimentos de Vigo agradecen a colaboración e "a implicación solidaria demostrada por Mercadona" e lembraron “a necesidade de seguir arroupando as persoas máis desfavorecidas”.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Mercadona, dentro do compromiso de compartir coa sociedade parte de canto recibe dela, desenvolve o Plan de Responsabilidade Social comentado anteriormente, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte desta política, Mercadona colabora con 270 comedores sociais e máis de 60 bancos de alimentos e outras entidades sociais de España e Portugal, ás que doa diariamente alimentos, e participa nas campañas de recollida de alimentos que as devanditas entidades organizan.

De feito, no que vai de ano a compañía doou a todas estas entidades e organizacións un total de 7.800 toneladas de alimentos, cantidades que se foron incrementado dende que a compañía o 26 de marzo, tras a paréntese producida como consecuencia do impacto que a Covid-19 tivo nos procesos da compañía, tomase a decisión de reactivar os procesos de doazón de produtos de primeira necesidade aos Comedores Sociais e Bancos de Alimentos cos que a compañía viña colaborando habitualmente.

Inicio de colaboración de Mercadona co Banco de Alimentos de VigoInicio de colaboración de Mercadona co Banco de Alimentos de Vigo.

Logo EActiVate