Entrega de produtos de Mercadona ao Banco de Alimentos de La Rioja

Mercadona entrega dúas toneladas de produtos de primeira necesidade ao Banco de Alimentos de La Rioja

06 de xullo de 2020
  • Reforzou as doazóns durante a excepcional situación ocasionada pola COVID-19 para dar resposta ás demandas das persoas máis necesitadas.
  • Con esta nova entrega, realizada hoxe, eleva a 143.000 quilos a cifra de alimentos e artigos de hixiene persoal doados ás entidades sociais rioxanas durante o primeiro semestre do ano.
  • Dende finais de xuño a compañía tamén comezou a colaborar con Cáritas no municipio de Arnedo.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, fixo efectiva hoxe a entrega de 2.027 quilos de produtos de primeira necesidade tales como conservas de peixe (atún), produtos para o almorzo (chocolate e croissants) e artigos de hixiene persoal (papel hixiénico) ao Banco de Alimentos de La Rioja. Esta doazón súmase á realizada á devandita entidade a finais do mes de abril que supuxo un total de 24.330 quilos.

Desta forma, Mercadona entregou durante os primeiros 6 meses do ano un total de 143.000 quilos (o que equivale a 2.383 carros da compra) de produtos de primeira necesidade ao Banco de Alimentos de La Rioja e aos comedores sociais Cocina Económica de Logroño e a residencia La Concepción de Calahorra, cos que colabora habitualmente.

As doazóns, reforzadas durante os meses de abril, maio e xuño froito da situación excepcional ocasionada pola pandemia, foron maioritariamente de alimentos (legumes, arroz, pasta, leite e conservas de peixe, así como produtos frescos e pratos preparados). Dos 143.000 quilos doados de xaneiro a xuño, 26.357 distribuíronse ao Banco de Alimentos e os 116.600 restantes aos dous comedores sociais. A iso hai que engadir que, dende finais de xuño, Mercadona comezou a doar produtos a Cáritas na localidade de Arnedo.

O presidente do Banco de Alimentos de La Rioja, José Manuel Pascual Salcedo, afirmou que “con Mercadona mantemos unha liña directa e a verdade é que  están dando resposta ás necesidades dos receptores finais destes alimentos que son os máis necesitados en tempos de pandemia sanitaria e económica. É unha satisfacción para os voluntarios e beneficiarios apreciar que as grandes empresas deste país teñen a súa Responsabilidade Social Corporativa non só no ideario dos seus obxectivos, senón na práctica do día a día”.

Pola súa parte, o director de Relacións Externas de Mercadona en La Rioja, Imanol Flandes, agradeceu “o enorme labor que desenvolven as entidades sociais e organizacións benéficas como o Banco de Alimentos” e sinalou que "a entrega de 143.000 quilos de alimentos e artigos de hixiene persoal no que levamos de ano é a nosa pequena contribución para axudar a paliar, na medida do posible, ás persoas que máis o necesitan".

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolver parte de canto recibe dela. Co devandito obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía que atende o compoñente social e ético a través de diferentes liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido.

No marco desta política, ademais da colaboración co Banco de Alimentos de La Rioja, a cadea de supermercados tamén doa produtos a dous comedores sociais: Cocina Económica de Logroño e a residencia La Concepción de Calahorra, xestionada polas Hermanitas de los Ancianos Desamparados. A doazón realízase diariamente, de luns a sábado, grazas aos recursos loxísticos e humanos de Mercadona, que leva os produtos a cada un dos comedores sociais e os entrega nas mellores condicións de calidade e seguridade alimentaria para que os voluntarios poidan preparar as comidas diarias.

A iso hai que engadir que dende finais de xuño a compañía tamén comezou a colaborar con Cáritas no municipio de Arnedo, entidade á que tamén doa alimentos.

Entrega de produtos de Mercadona ao Banco de Alimentos de La RiojaEntrega de produtos de Mercadona ao Banco de Alimentos de La Rioja.

Logo EActiVate