Juan Roig durante la presentación de resultados de Mercadona de 2015.

Mercadona incrementa a súa facturación un 3%, ata os 20.831 millons de euros

03 de marzo de 2016

Crea 1.000 novos empregos fixos directos, cun salario mínimo de inicio de 1.109 euros netos ao mes, que suma un cadro de persoal de 75.000 persoas.

  • As vendas en volume creceron un 5%, ata os 10.649 millóns de quilos e litros (kilitros).
  • Un ano máis procedeu a compartir o seu beneficio total entre os compoñentes da compañía: 277 millóns entre os seus traballadores en concepto de prima por obxectivos, e 326 millóns á Sociedade en concepto de impostos. E dos 611 millóns de euros de beneficio neto (+12%), 495 reinvestíronse na empresa como recursos propios, e o resto repartiuse entre os accionistas vía dividendos.
  • O beneficio neto mellora un 12%, ata os 611 millóns de euros, e o investimento alcanza os 651 millóns de euros.
  • A contribución tributaria de Mercadona, vía impostos e seguridade social, elévase a 1.497 millóns de euros en 2015.
  • O clúster industrial dos fabricantes interprovedores de Mercadona en España supera as 240 fábricas con máis de 47.100 empregos.

Mercadona incrementou en 2015 a súa facturación un 3% (670 millóns) e alcanzou os 20.831 millóns de euros. O beneficio neto da compañía, que representa o 3,2% da cifra de vendas, creceu un 12%, ata os 611 millóns de euros. Tamén as vendas por volume aumentaron, concretamente un 5%, ata os 10.649 millóns de quilos e litros (kilitros). Un balance que mostra a confianza depositada polos máis de 5 millóns de fogares que realizan a compra nos seus supermercados. Ademais, a compañía cumpriu de novo o seu compromiso de baixar o prezo do "Carro Menú" e, en 2015, reduciuno nun 2%, o que supuxo un aforro de 96 euros ao ano para os "Xefes".

Mercadona continuou en 2015 o seu crecemento e investiu máis de 651 millóns de euros na apertura de 60 novos supermercados, o que fixo crecer a súa rede ata os 1.574, e na reforma doutros 30. Outros investimentos significativos foron a construción do Bloque Loxístico de Abrera (Barcelona), xa en funcionamento nun 50%, e o inicio do novo Bloque Loxístico de Vitoria-Gasteiz.

A súa contribución tributaria co país aumentou en 2015 ata os 1.497 millóns de euros. Deste total, 662 millóns de euros corresponden á Seguridade Social, 243 ao imposto de sociedades, 509 á recadación do IVE e do IRPF e 83 a outros impostos e taxas.

Avanza na transformación tecnolóxica e dixital

En 2015, Mercadona seguiu avanzando no seu proxecto de transformación tecnolóxica e dixital para o que destinou máis de 90 millóns de euros dos seus investimentos. Todo iso cun dobre obxectivo: poñer a información ao servizo da toma de decisións do seu cadro de persoal e mellorar a experiencia de compra dos clientes. Como parte desta adaptación tecnolóxica, implantou un sistema de análise de información (big data) máis veloz e en tempo real, instalou balanzas táctiles máis intuitivas e realizou probas con terminais de última xeración en varias tendas que permiten coñecer o stock ao momento en cada supermercado.

En 2016, e dentro deste proceso de innovación dixital, Mercadona iniciará a construción do seu segundo Centro de Proceso de Datos en Villadangos del Parámo (León), cun investimento inicial previsto de 6 millóns de euros. Ademais, tratará a reenxeñería da súa páxina web para facela máis fácil, áxil e visual. En 2015, as vendas da canle en liña creceron un 8% e achegaron 169 millóns de euros á cifra total de facturación.

Compartir o beneficio xerado

Seguindo o principio de que o éxito, se é compartido, sabe mellor, Mercadona, do seu beneficio total xerado de 1.214 millóns de euros, repartiu un ano máis o 23% co cadro de persoal: 277 millóns de euros en concepto de prima por obxectivos. Ademais, un 27% das ganancias, 326 millóns, reverteu na Sociedade en concepto de impostos; un 40%, 495 millóns, reinvestiuse na empresa como recursos propios, e o 10% restante repartiuse entre os accionistas vía dividendos.

Cadea Agroalimentaria Sostible: da teoría aos feitos

A aposta polo desenvolvemento dunha Cadea Agroalimentaria Sostible de Mercadona (CASPOPDONA) segue avanzando e volveu xerar en 2015 un impacto moi positivo no sector primario español. Exemplo diso é o incremento da produtividade en sectores como o arroceiro, no que o interprovedor Arrocerías Pons, xunto a agricultores de Extremadura e Valencia, logrou incrementar o rendemento dos cultivos un 15% e reducir un 20% os custos, aumentando a rendibilidade e minimizando ao mesmo tempo o impacto ambiental. Tamén é consecuencia de CASPOPDONA, o proxecto COVAP 45 para modernizar o sector lácteo, co que máis de 15 gandeiros reforzaron a rendibilidade das súas granxas. Xunto a estes exemplos, cabe destacar a multiplicación dos cadros de persoal das flotas pesqueiras de Unión Martín e Pescanoah Islas, con máis de 80 traballadores; ou o "Proxecto Xirasol" que Sovena e ASAJA están desenvolvendo na provincia de Cuenca para analizar o proceso produtivo do xirasol.

Ademais da contribución de todos estes exemplos á modernización e dinamización do sector agroalimentario español, CASPOPDONA permítelle á compañía incrementar a satisfacción dos seus clientes, ao ofrecerlles produtos da máxima calidade e frescura. De feito, as novas seccións de frescos: froita e verdura, forno, carnicería e peixe, experimentaron en 2015 un crecemento medio de 330 quilos por tenda e día.

Un clúster industrial en España de máis de 240 fábricas

En 2015 Mercadona seguiu reforzando o seu compromiso co desenvolvemento socioeconómico do noso país a través da súa industrialización. Para iso, os interprovedores que fabrican, entre outros, os produtos das marcas Hacendado, Bosque Verde, Deliplus e Compy, investiron 525 millóns de euros, que destinaron, na súa maioría, á apertura de 67 novas fábricas e liñas de produción. Contan, ademais, cun cadro de persoal conxunto de 47.100 persoas, tras incorporar en 2015 a 2.600 persoas.

Este plan de investimentos sostido no tempo, propiciou que actualmente Mercadona e os seus 125 interprovedores sumen máis de 240 fábricas en España, o que lle permitiu configurar un dos clústers agroalimentarios máis dinámicos e innovadores de Europa.

Impacto da actividade económica de Mercadona e a súa cadea de valor en España

Ao longo do ano, a compañía seguiu consolidando a achega que a súa actividade lle xera ao conxunto da sociedade española. Segundo os datos do informe Impacto Económico de Mercadona 2015 realizado polo Instituto Valenciano de Investigacións Económicas (IVIE), a compañía e a súa cadea de montaxe CASPOPDONA en España representan o 1,8% do PIB (19.500 millóns de euros), o 3,8% dos empregos totais existentes no noso país (640.000 traballadores), ao tempo que realiza o 85% das súas compras en España, que no seu conxunto supoñen 15.393 millóns de euros.

Compromisos para 2016

En 2016, Mercadona ten previsto realizar un investimento aproximado de 650 millóns de euros que se destinarán, fundamentalmente, á apertura de 60 novas tendas, á reforma de 35 supermercados, á continuación das obras de construción dos bloques loxísticos de Abrera (Barcelona) e de Vitoria-Gasteiz, a seguir impulsando a transformación tecnolóxica, co inicio da construción do seu segundo Centro de Proceso de Datos en Villadangos del Parámo (León), e á renovación da súa páxina web.

MERCADONA: ALGÚNS FEITOS RELEVANTES EN 2015

  2014 2015 Observacións
Tendas 1.521 1.574 53 netas (60 aperturas // 7 cierres)
Vendas c/ive* 20.161 20.831 +3,3%
Unidades de venda "kilitros" ** 10.103 10.649 +5,3%
Compartir beneficio total xerado*: 1.118 1.214 +8%
Traballador (prima por obxectivos)* 263 277 +5%
Impostos* 312 326 +4%
Beneficio neto* 543 611 +12%
Contribución tributaria* 1.484 1.497 +1%
Investimento* 655 651 =
R. propios* 3.884 4.392 +13%
Cadro de persoal total da compañía 74.000 75.000 +1.000

* En millóns de euros

** En millóns de quilos/litros

 

Juan Roig durante la presentación de resultados de Mercadona de 2015.Juan Roig durante a presentación dos resultados de Mercadona de 2015.

Juan Roig durante la presentación de resultados de Mercadona de 2015.Juan Roig durante a presentación dos resultados de Mercadona de 2015.

Juan Roig y los Miembros del Comité de Dirección de Mercadona durante la presentación de resultados de Mercadona de 2015.Juan Roig e os Membros do Comité de Dirección de Mercadona durante a presentación dos resultados de Mercadona 2015.