Mercadona inaugura un nuevo supermercado en Bilbao

Mercadona inaugura un novo supermercado en Bilbao

15 de novembro de 2016
  • A nova tenda de Mercadona en Bilbao encóntrase no barrio de Miribilla e conta cun cadro de persoal de 40 traballadores con emprego estable e de calidade.
  • A compañía investiu 3,1 millóns de euros na súa construción.

Mercadona abriu unha nova tenda no barrio de Miribilla en Bilbao, concretamente na rúa Doctor Espinosa Oribe, 2A. Trátase do segundo establecemento que a compañía inaugura na capital biscaíña, en que se investiu un total de 3,1 millóns de euros. Durante o proceso de construción participaron 76 fornecedores, que deron emprego a 216 persoas.

O centro posúe 1.500 m2, onde se localizan todas as seccións habituais de Mercadona: carnicería, chacinería, perfumería, alimentación envasada, bebidas e droguería. Do mesmo xeito, destacan as renovadas seccións de produtos frescos: a peixería, con peixe directo de rula; o forno a granel e a sección de froita e vexetais, que aposta pola venda de produtos frescos de proximidade. O establecemento dispón de zonas de descanso e vestiarios para os traballadores e unha sala destinada á formación continua do cadro de persoal.

 

Mercadona inaugura un nuevo supermercado en BilbaoNovo supermercado de Mercadona en Miribilla, Bilbao.

A tenda tamén destaca polo seu carácter eco-eficiente, pois incorpora un conxunto de medidas destinadas a reducir o consumo enerxético até nun 20%. Entre elas encóntranse o uso dos recuperadores da calor, a incorporación de temporizadores, a iluminación máis eficiente e as portas automáticas.

O horario de abertura do supermercado é de luns a sábado, de 9h15 a 21h15. Os clientes que se movan en vehículo privado até o establecemento dispoñen dun aparcadoiro con 75 prazas. Ademais, Mercadona habilitou, como no resto dos seus supermercados, o servizo a domicilio, a telecompra e a compra online a través da páxina web.

Sempre Prezos Baixos

Con esta nova abertura, os clientes de Mercadona beneficiaranse da súa coñecida política comercial S.P.B. (Sempre Prezos Baixos), que consiste en garantir o menor prezo unitario dos produtos, coa mellor calidade, de forma permanente. Grazas a iso, Mercadona pode ofrecer aos seus clientes máis calidade por menos prezo.

Sobre Mercadona en Euskadi

Mercadona mantén a súa aposta decidida por Euskadi, onde xa conta con 11 tendas. Por territorios, 5 están situadas en Araba/Álava, concretamente en Vitoria-Gasteiz; 4 en Bizkaia (dúas en Bilbao, unha en Barakaldo e unha en Basauri); e dúas en Gipuzkoa, en Irun e Eibar. O seu cadro de persoal está composto por 440 persoas, todas elas con emprego estable e de calidade. En agosto de 2015 comezou a construción dun bloque loxístico en Vitoria-Gasteiz que suporá un investimento de 50 millóns de euros, nunha primera fase, así como a creación de 100 postos de traballo, e abastecerá os supermercados da zona norte.

Do mesmo xeito, ten relación comercial con 1.233 pemes e empresas desta comunidade. En 2015 realizou compras a fornecedores vascos por valor de 316 millóns de euros e, xunto cos fabricantes interfornecedores, investiu 26,4 millóns de euros en Euskadi. Un exemplo dos seus fornecedores agroalimentarios e da súa aposta polo produto local é a compra de máis de 120.000 quilos de pataca de Araba/Álava, así como de máis de 3.500 toneladas de peixe fresco como a pescada, o bonito, a anchoa, a sardiña, o chicharro, a xarda, o lirio e a meiga, quer na costa biscaíña quer na guipuscoana.

Como parte da súa responsabilidade social corporativa colabora cos Bancos de Alimentos de Araba/Álava, Bizkaia e Gipuzkoa; co comedor social “Nuestra Señora de los Desamparados”, de Vitoria-Gasteiz; e coas “Hermanitas de los Pobres” de Bilbao. En 2015 a colaboración con entidades sociais en Euskadi atinxiu as 73,4 toneladas de alimentos doados.