Las condiciones laborales de Mercadona

As condicións laborais de Mercadona recoñecidas pola Organización Internacional do Traballo das Nacións Unidas

16 de novembro de 2016
  • No seu recente informe "O Emprego Atípico no Mundo" a Organización Internacional do Traballo (OIT) recoñece as condicións dos traballadores de Mercadona canto ao emprego estable e de calidade.

política de Recursos Humanos de Mercadona foi destacada pola Organización Internacional do Traballo (OIT) no seu estudo “O Emprego Atípico no Mundo” polo xeito en que xestiona o seu cadro de persoal como chave para a competitividade.

A aposta da compañía polo emprego estable e de calidade, así como o esforzo que realiza na formación dos traballadores de Mercadona, afirma o estudo, son os factores responsables do éxito da política de Recursos Humanos de Mercadona.

Ademais, segundo o informe da OIT, non só destaca o reparto anual dun 25% do total de beneficios entre o conxunto do cadro de persoal, senón tamén polas oportunidades de promoción e desenvolvemento profesional que lles ofrece aos empregados de Mercadona.

Para a OIT, nun país como España, en que os contratos estables e indefinidos son “endémicos”, resulta paradoxal que practicamente a totalidade dos 76.000 traballadoras e traballadores de Mercadona sexan fixos. Sinala aínda que o retorno desta aposta polo emprego de calidade é evidente, tal e como as cifras avalan: a compañía, afirma este estudo, “recoñece que os traballadores das súas tendas son o principal punto de contacto cos clientes e, por tanto, os que mellor poden suxerir melloras”.

O informe sinala que, grazas á formación, estabilidade e desenvolvemento profesional, entre as condicións laborais en Mercadona, poténciase a motivación do cadro de persoal e multiplícase o seu rendemento. E todo iso tradúcese “nun incremento claro das vendas por empregado e nunha produtividade moito máis alta que a da competencia”.

A OIT, ademais, resume nunha reportaxe sobre Mercadona o impacto favorable que a estabilidade, a conciliación, a formación, a promoción ou o reparto de beneficios tivo e está a ter na evolución da compañía e na súa consolidación como empresa líder do seu sector. Do mesmo xeito, explica outro factor diferencial da súa política de condicións cos traballadores de Mercadona: unha política de diálogo e transparencia que conta coa implicación dos sindicatos e que, segundo a OIT, “é un enfoque que xera diálogo e confianza e que permite colaborar para conseguir resultados que beneficien  a todas as partes”.

Mercadona está orgullosa deste recoñecemento e do que recibe por parte da sociedade. A compañía, no marco do seu Modelo de Calidade Total, basea todas as súas decisións na idea de que se satisfaces “O Xefe” (como internamente chamamos ao cliente), e tamén o traballador de Mercadona, chegan as vendas; con elas, os beneficios; e a partir de aí, o crecemento compartido, contribuíndo ao benestar da sociedade.

Sobre a Organización Internacional do Traballo (OIT) e este estudo

A Organización Internacional do Traballo (OIT) é única axencia “tripartita” da ONU e reúne a gobernos, empregadores e traballadores de 187 estados membros co fin de establecer as normas do traballo, formular políticas e elaborar programas que promovan o traballo decente de todos, mulleres e homes.

Os obxetivos principais da OIT son promover os dereitos laborais, fomentar oportunidades de traballo decente, mellorar a protección social e fortalecer o diálogo ao abordar os temas relacionados co traballo.

O seu estudo “O Emprego Atípico no Mundo” analiza tres das catro modalidades atípicas de emprego que se converteron nunha característica contemporánea dos mercados de traballo ao redor do mundo: o traballo temporal, o traballo a tempo parcial e o traballo temporal por medio de subcontratación.