Sección Listo para Comer co libre servizo

Mercadona implanta o libre servizo na súa sección Listo para Comer, dispoñible en máis de 800 tendas

06 de maio de 2022
  • Este novo servizo convivirá coa atención personalizada, co obxectivo de mellorar a experiencia do cliente, reducir o seu tempo de espera e optimizar os procesos da compañía para facer máis rendible esta nova sección.
  • O obxectivo é que todas as tendas que teñen esta sección conten con este novo modelo de venda ao final do ano.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, implanta o libre servizo na súa nova sección Listo para Comer. Tras máis de catro meses de proba nalgúns supermercados, este novo modelo de venda irase implantando de forma progresiva nas máis de 800 tendas que contan con esta sección, co obxectivo de que estea dispoñible en todas elas ao final do ano. Ademais, todas as tendas que se abran con esta sección, xa o farán con este novo modelo de venda.

O libre servizo de Listo para Comer en Mercadona dálle a opción ao cliente de optar por algúns dos máis de 35 pratos que ofrece esta sección sen ningún tipo de espera e coa mesma calidade que se ofrece coa atención personalizada. Todas estas opcións sérvense en envases fabricados con materiais naturais, como a cana de azucre (material compostable), o cartón ou o papel.

Este novo modelo de venda convivirá coa atención personalizada, co obxectivo de mellorar a experiencia do “Xefe” (cliente), reducir o seu tempo de espera e optimizar os procesos da compañía, facendo máis rendible esta nova sección que comezou a implantarse a mediados de 2018.

Sección Listo para Comer co libre servizo

Sección Listo para Comer co libre servizo.