Cítricos de orixe nacional na sección de Froita e Verdura de Mercadona

Mercadona finaliza a campaña de laranxa e mandarina orixe España comprando máis de 192.000 toneladas

12 de septembro de 2022
  • Fontestad Citrus, Frutinter, Martinavarro, Frutas Tono, Bollo International Fruits, Bagu, Dracma, Anecoop, SAT Canarisol, Agronostrum, Frutas Plasencia, Nufri, Hermanos Torres y Sucesores, Lasarte, AM Fresh Spain Citrus, Alcafruit, Vicente Giner, Agrios Selectos, V-Ros, Mogalla, Frutas Poveda, Tana, Frugarva, Mundosol e Perales y Ferrer, provedores de laranxa, mandarina e limón súmanse aos máis de 350 provedores de froitas e verduras cos que a compañía colabora.
  • Durante a campaña de laranxas e mandarinas orixe España, que durou aproximadamente dende outubro de 2021 ata o inicio de setembro de 2022, Mercadona comprou máis de 140.000 t de laranxas e 52.000 t de mandarinas a provedores especialistas nacionais que manteñen relacións estables con máis de 2.500 agricultores de toda España.
  • Na súa aposta pola froita e verdura de proximidade, a compañía comprou na campaña 21/22 máis de 209.000 toneladas de laranxas, limóns, mandarinas e outros cítricos producidos na Comunitat Valenciana, Andalucía, Región de Murcia, Catalunya e Canarias.
  • Tras finalizar esta campaña e durante o mes de setembro, poderán adquirirse laranxas doutras orixes ata a nova campaña de cítricos orixe España, que comeza as primeiras semanas de outubro coa incorporación das mandarinas variedade Oronules; e as laranxas, que chegarán ás tendas ao inicio de novembro.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, termina hoxe a campaña 2021/22 de laranxas e mandarinas de orixe España cun balance de compras que supera as 192.000 toneladas. En total, Mercadona comprou na campaña 21/22 máis de 209.000 toneladas de cítricos españois, dos cales 140.000 t corresponden a laranxas, e destacan tamén os volumes de mandarinas e limóns, que alcanzaron as 52.000 t e 17.000 t, respectivamente.

O compromiso de Mercadona co sector primario é firme e dálle prioridade a garantir relacións estables e transparentes co seus máis de 26 provedores nacionais, que á súa vez traballan con máis de 2.500 agricultores de toda España. Esta política permite que dende hai anos máis do 85 % do total das laranxas que comercializa Mercadona sexan de orixe nacional.

O próximo outubro comeza a nova campaña de orixe España

Durante o mes de setembro, os Xefes (clientes) de Mercadona terán a posibilidade de adquirir laranxas doutras orixes, ata as primeiras semanas de outubro, que volve a iniciarse a campaña de cítricos orixe España e chegarán ás tendas os limóns e as mandarinas variedade Oronules. Mercadona continuará incorporando diversas variedades nacionais ao longo do mes de outubro e durante as dúas primeiras semanas de novembro incorporará as laranxas orixe España progresivamente en toda a cadea.

Fomento do consumo de cítricos e froitas e verduras de tempada para unha cesta equilibrada

A empresa fomenta o consumo de cítricos, así como do zume de laranxa acabado de espremer de Mercadona, dispoñible na sección de Froita e Verdura nos tres formatos de envase habituais, de 250 mililitros, 500 mililitros e 1 litro, todos realizados con plástico reciclado para favorecer a economía circular. Este servizo, que comezou a implantarse en 2016 en todas as tendas da cadea trátase dun proxecto que se desenvolveu a través da innovación conxunta entre Mercadona, o provedor especialista Zumex e os propios clientes.

Os cítricos son ricos en vitaminas, minerais e antioxidantes e o seu consumo contribúe a manter unha dieta equilibrada. As laranxas, mandarinas e limóns, entre outros cítricos, son grandes aliados para completar unha cesta da compra equilibrada.

Mercadona apoia as campañas do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación sobre as Froitas e Verduras de tempada. Así mesmo, Mercadona defende as prácticas comerciais xustas e dende hai anos está adherida ao Código de Boas Prácticas Mercantís na Contratación Alimentaria. Este acordo voluntario, que supuxo un paso máis na promoción de prácticas comerciais xustas, enmárcase na Lei de Medidas para Mellorar o Funcionamento da Cadea Alimentaria e está impulsado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) en colaboración con distintas asociacións de toda a cadea agroalimentaria en España.

Laranxas de orixe España da campaña nacional 2021/22 de MercadonaLaranxas de orixe España da campaña nacional 2021/22.

Cítricos de orixe nacional na sección de Froita e Verdura de MercadonaCítricos de orixe nacional na sección de Froita e Verdura de Mercadona.