Entrega ao Banco de Alimentos de Ceuta

Mercadona entrégalles 8.000 quilos de produtos de primeira necesidade aos bancos de alimentos de Ceuta e de Melilla

20 de abril de 2020
  • A compañía de supermercados responde á necesidade dos Bancos de Alimentos coa doazón de produtos básicos para atender as súas demandas.
  • Mercadona reforza así as doazóns de alimentos durante a excepcional situación ocasionada polo Covid-19 para atender as demandas das persoas máis necesitadas nesta situación de extraordinaria complexidade.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, reforza o seu Modelo Responsable durante a situación excepcional que vive o país ocasionada polo Covid-19. Neste sentido, realizou unha doazón de 8.000 quilos de produtos de primeira necesidade aos Bancos de Alimentos das Cidades Autónomas de Ceuta e de Melilla para a súa posterior repartición ás entidades sociais que ambas as dúas entidades atenden. No caso de Melilla, as doazóns ao Banco de Alimentos realízanse de forma diaria con produtos aptos para o seu consumo, pero non para a venda segundo os criterios da compañía. Ao igual que en Ceuta, onde Mercadona colabora coa casa familiar de Los Hermanos de la Cruz Blanca de Ceuta coa entrega diaria de alimentos. Mercadona afianza deste xeito a súa relación cos Bancos de Alimentos das dúas Cidades Autónomas cos que colabora de forma habitual a través da doazón de produtos e a participación en operacións quilo, co obxectivo de continuar atendendo os colectivos máis desfavorecidos.

Pedro Mariscal, presidente da Federación de Bancos de Alimentos de Ceuta e de Melilla, quixo "agradecerlle a Mercadona a súa solidariedade cos Bancos de Alimentos de ambas as dúas Cidades Autónomas polas doazóns que nos están realizando. Son uns momentos moi difíciles nos que a nosa actividade se está vendo multiplicada para poder garantir a cobertura alimentaria aos que máis o necesitan. Polo tanto, o noso máis sincero agradecemento á compañía e aos seus traballadores pola colaboración que sempre nos mostran, xa que nos permite poder seguir axudando aos colectivos máis desfavorecidos nestas circunstancias extraordinarias e onde a doazón se fai máis necesaria ca nunca".

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Mercadona, dentro do compromiso de compartir coa sociedade parte de canto recibe dela, desenvolve o Plan de Responsabilidade Social comentado anteriormente, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte desta política, Mercadona colabora con máis de 240 comedores sociais e máis de 60 bancos de alimentos e outras entidades sociais de España e Portugal, ás que doa diariamente alimentos e participa nas campañas de recollida de alimentos que as devanditas entidades organizan.

De feito, no que vai de ano a compañía doou a todas estas entidades e organizacións un total de 2.565 toneladas de alimentos, 2.450 en España e 115 en Portugal, cantidades que se foron incrementado dende que a compañía o 26 de marzo, tras a paréntese producida como consecuencia do impacto que o Covid-19 tivo nos procesos da compañía, tomase a decisión de reactivar os procesos de doazón de produtos de primeira necesidade aos Comedores Sociais e Bancos de Alimentos cos que a compañía viña colaborando habitualmente.

Igualmente, Mercadona colabora intensamente con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con distintos graos de discapacidade.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade medioambiental. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, enfocado á optimización loxística, á eficiencia enerxética e á redución de residuos; parte deste sistema está baseado nos principios da Economía Circular e busca conxuntamente cos Provedores Totaler a conversión dos residuos en novos recursos. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Mercadona é dende 2009 membro do Foro Europeo da Distribución para a Sostibilidade (REAP), un organismo copresidido pola Comisión Europea no que todos os seus participantes son auditados periódica e externamente en materia de sostibilidade. Ademais, é socio dende o ano 2011 do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.

IstoNONtenquePARAR porque Isto Pasará

Entrega de produtos ao Banco de Alimentos de CeutaEntrega de produtos ao Banco de Alimentos de Ceuta.