Doazón de alimentos de Mercadona en Sevilla

Mercadona entrégalle ao Banco de Alimentos de Sevilla a súa doazón anual

26 de xuño de 2024
  • A compañía reforza o seu compromiso coa institución para que poida atender as necesidades básicas dos seus 40.000 usuarios na provincia.

Dentro da súa estratexia de responsabilidade social, Mercadona entregoulle ao Banco de Alimentos de Sevilla a súa doazón anual. Nesta ocasión, a compañía doou 17.280 botes de tomate frito. Deste xeito, a compañía de supermercados físicos e de venda en liña reforza o seu compromiso coa institución para que siga atendendo as necesidades básicas dos 40.000 usuarios que a entidade ten na provincia.

Segundo Jesús Maza, presidente do Banco de Alimentos de Sevilla, esta doazón supón “unha achega importante para o stock do noso almacén de alimentos non perecedoiros, xa que son alimentos que compoñen a cesta básica de produtos que son entregadas diariamente ás entidades colaboradoras”. Unha vez máis, dende o Banco de Alimentos de Sevilla, “agradéceselle a Mercadona está contribución anual e o resto das colaboracións realizadas ao longo do ano”.

Pola súa parte, Elena Cintado, directora de Relacións Externas de Mercadona na provincia de Sevilla, sinala que esta doazón anual é unha mostra do “firme compromiso” de Mercadona “con aquelas entidades que dan servizo aos colectivos máis desfavorecidos, como é o caso do Banco de Alimentos de Sevilla”.

Plan de Acción Social de Mercadona

Como parte da súa acción social, e co fin de manter o seu compromiso cos colectivos máis vulnerables, Mercadona realiza un importante esforzo por ampliar a súa rede de colaboración con entidades sociais. En Andalucía, no momento do peche do pasado exercicio, a compañía colaboraba diariamente con 212 entidades sociais, ás que lles entregou 4.772 toneladas de produtos no conxunto do ano; o equivalente a 79.545 carros da compra. 

Na provincia de Sevilla, a empresa doou o ano pasado 661 toneladas de alimentos de primeira necesidade ás 43 entidades sociais coas que colabora, entre elas, o Banco de Alimentos de Sevilla. Este volume traduciríase en máis de 11.000 carros da compra.

Mercadona tamén colabora ano tras ano nas diferentes campañas organizadas pola Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL). Ademais da recente Recollida da Primavera, cabe destacar a Gran Recollida de Alimentos que tivo lugar do 24 ao 30 de novembro de 2023 e grazas á cal entre a compañía e os seus clientes doaron máis de 2,6 millóns de euros para a súa transformación íntegra en alimentos.

Unha política integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é compartir parte de canto recibe dela. Con este obxectivo desenvolve o seu Plan de Responsabilidade Social, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido.

Así mesmo, Mercadona colabora con fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por persoas con discapacidade intelectual.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social da compañía é a sostibilidade. Para iso, conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, baseado nos principios da economía circular e enfocado á optimización loxística, a eficiencia enerxética, a xestión de residuos, a produción sostible e a redución de plástico. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Dende o ano 2011 é socio do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de dereitos humanos, normas laborais, medio ambiente e loita contra a corrupción.