Os estudantes elixen Mercadona entre as empresas máis atractivas para traballar

Mercadona entre as empresas máis atractivas para traballar

22 de xuño de 2022
  • Os estudantes valoran a Mercadona como a terceira empresa máis atractiva na 5.ª edición da clasificación Merco Talento Universitario.
  • Coñece todos os nosos postos vacantes na páxina de Emprego de Mercadona.

Mercadona continúa entre as empresas máis atractivas para traballar no sector da distribución, tal e como demostran os resultados da clasificación Merco Talento Universitario, realizada polo Monitor Español de Reputación Corporativa. A compañía ocupa a terceira posición na clasificación global, composta por 100 empresas, e a segunda posición na clasificación sectorial.

Nesta 5.ª edición de Merco Talento Universitario participaron estudantes que se encontran nos últimos cursos de estudos superiores en distintos centros do país. Os mozos valoraron distintas variables relacionadas coa xestión de recursos humanos que son determinantes á hora de elixir un emprego, como a calidade laboral, a igualdade de oportunidades, a formación no posto de traballo, as condicións salariais e as posibilidades de promoción, entre outras.

De aí, ademais de clasificar as 100 empresas máis atractivas para traballar en España, extraéronse tendencias actuais no ámbito laboral, como a relevancia do recoñecemento profesional dentro da empresa, a necesidade dunha formación continua e multidisciplinaria, e valórase moi positivamente o feito de compartir co cadro de persoal o beneficio xerado. Unha información dun gran valor para as empresas á hora de atraer e reter talento.

Mercadona está orgullosa dos resultados e é consciente de que é necesario seguir traballando para lograr que o segundo compoñente do modelo da compañía, O Traballador, estea plenamente satisfeito. Para iso, leva anos implantando unha política de recursos humanos diferencial e de calidade, con salarios por enriba do sector, formación dende o primeiro día de incorporación no posto de traballo e de forma continuada, posibilidades de promoción interna e conciliación da vida persoal e laboral.

Estas condicións laborais de Mercadona  foron recoñecidas pola Organización Internacional do Traballo (OIT)

Coñece as ofertas de emprego de Mercadona.