- Entra en vigor este mesmo mes de abril e terá unha vixencia de 4 anos.
- O acordo mantén a constante de fomentar a equidade de forma transversal, en todos os procesos e para todas as persoas que forman parte de Mercadona.
- A compañía continúa traballando para seguir garantindo bos resultados en Igualdade.
Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, asinou cos representantes da Unión Xeral de Traballadores (UXT) e de Comisións Obreiras (CCOO) o novo Plan de Igualdade da empresa, que entra en vigor este mesmo mes de abril e que terá unha vixencia de catro anos, ata 2028.
Este novo plan pretende afianzar os bos resultados que a compañía vén obtendo ao longo dos anos, como a paridade de mulleres e homes no equipo directivo, con medidas que seguen apostando pola promoción interna e o fomento equilibrado de mulleres e homes no Curso de Habilidades Directivas. Así como seguir promovendo a igualdade de trato e de oportunidades a través do modelo de xestión propio da compañía (Modelo de Calidade Total), con valores irrenunciables como a equidade retributiva, garantindo que “a igual responsabilidade, mesmo soldo” e medidas que afianzan a transparencia retributiva.
Mercadona, que conta cun Plan de Igualdade ratificado polos representantes sindicais dende hai máis de 14 anos, mantén a constante de fomentar a equidade de forma transversal en todos os procesos (formación, promoción, retribución, etc.) e para todas as persoas garantindo a ausencia de discriminación directa ou indirecta.
Rafa Caparrós, responsable estatal da UXT: “Estamos convencidos de que este plan dá continuidade ao avance no desenvolvemento profesional das persoas, sobre todo das mulleres que traballan en Mercadona, a través de obxectivos e medidas orientadas á luz do diagnóstico. Unha vez máis, apostamos porque a igualdade efectiva entre mulleres e homes en Mercadona sexa un compromiso e unha realidade”.
Silvia Yankowich, secretaria xeral da Sección Sindical de CCOO: “Consideramos moi positivos os avances conseguidos ata agora que confirman os bos resultados deste tipo de acordos. Con este plan mantemos este compromiso de seguir traballando conxuntamente en afianzar a igualdade entre mulleres e homes”.
Pola súa parte, Ernesto Cubero, director de Relacións Laborais de Mercadona, indicou que “estamos orgullosos do Modelo e do esforzo conxunto que fixemos para seguir mellorando de forma continua as relacións laborais e a calidade no emprego das máis de 100.000 persoas que forman o cadro de persoal de Mercadona”.
Noelia e Miguel Ángel, traballadora e traballador de tenda en Mercadona.