Logo verde en tenda Mercadona

Mercadona é a empresa máis responsable do sector e a segunda a nivel nacional segundo o monitor empresarial MERCO

11 de febreiro de 2020
  • La valoración de ciudadanos, expertos y directivos sitúan a la compañía en el podio del Ranking General de Empresas Responsables y con Gobierno Corporativo 2019 de MERCO.
  • En total, más de 10.000 personas han participado en la evaluación que reconoce a Mercadona como una de las empresas más responsables.

Mercadona colócase como a empresa máis responsable do sector da Distribución Xeralista en España e a segunda empresa a nivel xeral, segundo os datos da “Clasificación Xeral de Empresas Responsables e con Goberno Corporativo 2019” realizado polo Monitor Español de Reputación Corporativa (MERCO).

Este estudo conta cun total de máis de 10.000 enquisados. A participación divídese entre 1.282 directivos, 91 expertos en RSC, 111 xornalistas de información económica, 103 analistas financeiros, 40 membros de goberno, 84 social media managers, 125 responsables de ONG, 100 membros de sindicatos e 100 de asociacións de consumidores, así como 8.289 cidadáns. Ademais, tamén se encarga de analizar os indicadores de xestión relacionados coa responsabilidade corporativa e co bo goberno de 68 empresas.

A valoración realízase en diferentes fases: primeiro os directivos empresariais responden ao cuestionario; os expertos avalían as empresas; e os cidadáns valoran as compañías. Con todo iso obtense a Clasificación provisional, á que os Técnicos de Análise e Investigación aplican unha avaliación por méritos de responsabilidade corporativa das empresas.

Mercadona agradece este recoñecemento por parte da sociedade e continúa con seu compromiso de contribuír ao seu desenvolvemento e progreso de forma sostible. A compañía conta cun Plan de Responsabilidade Social que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido.

Monitor Empresarial de Reputación Corporativa (MERCO)

MERCO é un dos principais monitores de Reputación Corporativa de España e Latinoamérica, que se encarga de avaliar a reputación das empresas dende 1999. Esta organización non recibe subvención ou patrocinio nin público nin privado, e a súa única fonte de financiamento é a comercialización de informes.