Voluntarios do comedor

Mercadona doará diariamente produtos ao Comedor Social "Manos de Ayuda Social" de Vallecas (Madrid)

28 de xaneiro de 2020
  • A cadea de supermercados inicia hoxe unha colaboración con esta entidade, á que lle entregará a diario produtos de primeira necesidade, contribuíndo así á atención dos 120 usuarios do seu comedor social situado en Vallecas (Madrid).
  • Este acordo súmase á colaboración que Mercadona realiza con comedores de toda a Comunidad de Madrid, achegando, ademais dos alimentos, recursos loxísticos e humanos para poder realizar a doazón.

A compañía Mercadona comezou hoxe unha colaboración co Comedor Social "Manos de Ayuda Social" de Vallecas (Madrid), pola que, no marco da responsabilidade social da compañía, se compromete a doar diariamente produtos de primeira necesidade a este comedor. A entrega destes produtos, aptos para o seu consumo pero non para a venda, segundo os criterios da empresa, realizarase grazas á achega, tamén por parte da empresa, dos recursos loxísticos e humanos que permiten que os alimentos cheguen en perfectas condicións de calidade e de seguridade alimentaria.

O responsable de Relacións Externas de Mercadona, Gonzalo Canelada, destacou que "esta nova colaboración reafirma o compromiso social da compañía e fainos sentir moi orgullosos de poder achegar a nosa pequena contribución a este comedor social, axudándolles a que poidan seguir desempeñando o seu labor de atención ás persoas máis necesitadas".

Pola su parte, a Presidenta do Comedor Social "Manos de Ayuda Social", Beatriz Quintana, agradeceulle a Mercadona a súa colaboración, destacando que "levar adiante o noso comedor social é un gran reto diario, xa que unicamente contamos coas achegas de empresas como Mercadona e co traballo impagable do equipo de voluntarios, que están comprometidos todo o ano. Por iso, o inicio desta colaboración é moi importante para nós, non só pola achega en especie que supón, senón polo ánimo que nos dá ver tanta solidariedade, que nos axuda a continuar adiante co noso labor social".

Responsabilidade Social de Mercadona

Un dos compromisos de Mercadona é devolverlle á Sociedade parte de canto recibe dela. A compañía reforzou este compromiso por medio do seu Plan de Acción Social, co apoio a diversas institucións e entidades sociais de todas as comunidades autónomas.

Grazas ás distintas iniciativas nas que Mercadona participa, a compañía doou en 2019 máis de 9.100 toneladas de produtos a comedores sociais, bancos de alimentos e outras entidades benéficas de toda España. O equivalente a esta achega é de máis de 150.000 carros da compra.

Imaxe de cabeceira: Voluntarios do comedor "Manos de Ayuda Social", xunto con persoal de Mercadona, na primeira entrega de alimentos.