Bolsa de rafia de Mercadona con produtos de hixiene persoal

Mercadona dooulle 50.000 quilos de produtos básicos á ONG Acompartir

25 de xaneiro de 2018
  • A doazón de Mercadona desde o comezo do 2017 consistiu en produtos básicos de primeira necesidade como dentífricos ou xeles, en beneficio de máis de 260 entidades sociais da rede de Acompartir.
  • Alén diso, no 2017 Mercadona ten doado máis de 9.600 toneladas a Bancos de Alimentos, comedores sociais e outras entidades.

Desde xaneiro do 2017 Mercadona ten doado 50.000 quilos de produtos básicos de primeira necesidade como dentífricos, xeles de ducha, desodorizantes ou produtos de hixiene feminina, o que supón máis de 125.000 produtos, á entidade sen ánimo de lucro Acompartir, organización distribuidora de produtos básicos de non alimentación a unha rede de máis de 260 entidades sociais que atenden 600.000 persoas en exclusión social de toda España.

Trátase de produtos en perfecto estado mais que non son aptos para a venda por presentaren pequenas imperfeccións, por mor de cambios no produto ou no envase, ou por seren restos de campaña, entre outras razóns.

Deste xeito Mercadona, alén de apoiar esta causa social, contribúe a reducir o desaproveitamento e a coidar o Medio Ambiente. Neste sentido, Mercadona dispón de varias estratexias para evitar desaproveitamento nos seus procesos. 

Mercadona dooulles no 2017 máis de 9.600 toneladas aos Bancos de Alimentos, comedores sociais e outras entidades.