Momento dunha das entregas de alimentos ao Comedor do Casal de la Pau en Valencia

Mercadona amplía a súa rede social en Valencia e comeza a colaborar co Comedor do Casal de la Pau

24 de xaneiro de 2018
  • Esta nova colaboración súmase ás que xa mantén con outros centros da provincia de Valencia, como a Casa Caridad Valencia, Buñuelos Sin Fronteras de Gandía, o Banco de Alimentos e o Albergue Sant Joan de Déu de Valencia.
  • O centro Casal de la Pau presta atención integral, como aloxamento e mantemento, a persoas en situación de desigualdade.
  • No 2017 a compañía dooulles máis de 285 toneladas de alimentos, máis de 100 toneladas que no 2016, ás organizacións e entidades benéficas coas que colabora na provincia de Valencia. 

Mercadona, empresa de supermercados de capital 100% español e familiar, comezou a colaborar co centro Casal de la Pau de Valencia. A compañía doaralle acotío produtos de primeira necesidade ao centro, quen ofrece diariamente todas as comidas ás persoas en situación de desigualdade. Os traballadores do supermercado, situado na rúa Málaga de Valencia, serán os responsables de trasladar, a primeira hora da mañá coas furgonetas da compañía, produtos de primeira necesidade.

O director do centro Casal de la Pau, Vicente Serrano, valora esta colaboración “como unha acción positiva que mellorará a atención das persoas en situación de vulnerabilidade ás que atendemos e acompañamos no centro”. Pola súa parte Juanjo, traballador de Mercadona e encargado de levar estes alimentos, sinala que agradece poder participar nesta iniciativa social, “ao poder axudar as persoas con dificultades desde o meu traballo”.

Deste xeito, a compañía reforza o seu compromiso social na provincia de Valencia e amplía a rede de asociacións e entidades benéficas coas que colabora, como por exemplo Casa Caridad Valencia, o Banco de Alimentos, Buñuelos Sin Fronteras de Gandía e o Albergue Sant Joan de Déu de Valencia. Debido a estas colaboracións, no 2017 a compañía reforzou as súas doazóns na zona e doou máis de 285 toneladas de alimentos, é dicir, máis de 100 toneladas que no 2016. Para alén diso, grazas á solidaridade dos “xefes”, como internamente a compañía denomina os clientes, axudou a recadar máis de 280 toneladas de alimentos para as diferentes “Operaciones Kilo” e para a “Gran Recogida” en que participou.

Unha política de acción social sustentable integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolverlle parte de canto recibe dela. Con tal obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social de Mercadona que atende a compoñente social e mais ética a través de diferentes liñas de actuación sustentables reforzando a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte da súa política, Mercadona colabora con máis de 140 comedores sociais e 60 bancos de alimentos e outras entidades benéficas de toda España quer para a doazón cotiá de alimentos, quer para a colaboración en campañas de recollida.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sustentabilidade medioambiental. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Medioambiental propio, focado cara á optimización loxística, a eficiencia enerxética e a redución de refugallo. Parte deste sistema está baseado nos principios da Economía Circular e procura, conxuntamente cos interfornecedores, a conversión de refugallo en novos recursos. Do mesmo xeito, Mercadona está a traballar no Proxecto de Distribución Urbana Sustentable mediante camións e furgonetas propulsados con gas, así como na construción de cubertas axardinadas e de xardíns verticais nas súas tendas. Alén diso, colabora con máis de 27 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.

Mercadona é desde o 2009 membro do Foro Europeo da Distribución para a Sustentabilidade (REAP), un organismo copresidido pola Comisión Europea en que todos os seus participantes son auditados periódica e externamente en materia de sustentabilidade. Ademais, está adherida desde o ano 2011 ao Pacto Mundial de Nacións Unidas pola defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.

Casal de la Pau e a súa acción social

A Asociación Domus Pacis - Casal de la Pau formouse no 1972 co obxectivo de acompañar as persoas novas após o seu ingreso en centros penitenciarios. Actualmente é un centro de acollida onde se atenden acotío  persoas en situación de desigualdade social. Durante o 2016, o Casal de la Pau puxo en andamento diferentes medidas para cubrir as necesidades básicas, xunto co acompañamento para reforzar as capacidades necesarias para conseguir a inclusión social. En total 544 persoas foron atendidas no centro.