Empregado de Mercadona durante una doazón a un comedor social en Mallorca

Mercadona doou 215 toneladas de produtos de primeira necesidade en Illes Balears durante 2020

12 de febreiro de 2021
  • A compañía reforzou o seu compromiso coas once entidades benéficas e comedores sociais cos que colabora habitualmente e incrementou ata nun 70 % as entregas con respecto ao ano anterior debido á crise sanitaria e económica.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, doou 215 toneladas de alimentos e produtos de primeira necesidade en 2020 a comedores sociais, bancos de alimentos e outras entidades benéficas de Mallorca, Menorca e Eivissa coas que colabora habitualmente. Esta cantidade, que equivale a 3.585 carros da compra, supón un 70 % máis que o entregado o ano anterior como consecuencia da crise sanitaria e económica actual.

Neste sentido, Mercadona aumentou a once o número de entidades benéficas e comedores sociais cos que colabora coa incorporación en xullo da congregación de Las Hermanitas de los Pobres, que reciben dende entón alimentos como froitas e verduras, lácteos, carne, peixe, embutidos, pan ou pastas, que o persoal da tenda lles entrega de luns a sábado nas mellores condicións de calidade e seguridade alimentaria para que o persoal da cociña prepare as comidas.

Tamén o ano pasado a compañía ampliou a tres o número de supermercados que doan diariamente aos comedores sociais Tardor (Palma) e Sor Isabel Bonnín (Inca), e duplicou as achegas anuais á Fundación Banco de Alimentos de Mallorca, os Bancos Municipais de Alimentos de Maó e Ciutadella e Cáritas Diocesana de Eivissa e Formentera. A raíz da situación excepcional que vive o país ocasionada pola COVID-19, entregou á súa vez produtos de limpeza do fogar e hixiene persoal a Cáritas Diocesana de Mallorca o pasado mes de abril.

Mercadona colabora ademais de maneira habitual cos comedores sociais de Palma Es Refugi del Pare Gaspar Aguiló, e Fundación Estrellas & Duendes e cos comedores sociais de Vila, Sant Antoni de Portmany e Santa Eulària des Riu que xestiona Cáritas Diocesana de Eivissa e Formentera.

Pola súa parte, os “Xefes” (clientes) de Mercadona, colaboraron tamén en 2020 coas persoas máis vulnerables durante a Gran Recollida de alimentos que tivo lugar en Mallorca coa doazón de ata 43 toneladas de alimentos, o equivalente a 720 carros da compra.

Unha política de acción social integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolver parte de canto recibe dela. Con este obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido.

Xunto á doazón de alimentos, Mercadona colabora con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social é a sostibilidade. Para iso, conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, baseado nos principios da economía circular e enfocado á optimización loxística, a eficiencia enerxética, a xestión de residuos, a produción sostible e a redución de plástico.

Nese sentido, Mercadona, xunto cos seus provedores Totaler, traballa na Estratexia 6.25 para conseguir en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25 % de plástico, que todos os envases deste material sexan reciclables, e reciclar todo o residuo plástico.Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire na nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Dende o ano 2011 é socio do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de dereitos humanos, normas laborais, medio ambiente e loita contra a corrupción.

Mercadona colabora con once entidades benéficas e comedores sociais en Illes BalearsMercadona colabora con once entidades benéficas e comedores sociais en Illes Balears.

Xerente da Asociación Tardor en Palma e repartidor de Mercadona durante a entregaToni Bauzá, Xerente Asociación Tardor en Palma e Bruno Amengual, repartidor de Mercadona.

Logo EActiVate