Responsables de Cáritas Diocesana de Canarias e de Mercadona en Las Palmas durante a entrega de auga e zume

Mercadona doa cinco toneladas de auga e zume a Cáritas Diocesana de Canarias

26 de novembro de 2021
  • Entrega hoxe estes produtos froito do acordo de colaboración que manteñen ambas as dúas entidades.
  • Incorpora esta semana a Cáritas Cruce de Arinaga á súa rede de repartición diaria de alimentos e xa son 21 os comedores sociais cos que colabora na provincia de Las Palmas.
  • No que vai de ano Mercadona entregou a distintas entidades e organizacións benéficas de Canarias ata 825 toneladas de produtos e alimentos.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, doou hoxe cinco toneladas de auga e zume a Cáritas Diocesana de Canarias froito do firme compromiso da cadea de estar ao lado dos colectivos máis desfavorecidos. Os produtos seleccionáronse en función das necesidades concretas que detectou a organización benéfica.

Ademais desta achega, que se enmarca dentro do acordo de colaboración que manteñen ambas as dúas entidades, Mercadona continúa incorporando comedores sociais á súa rede de repartición de alimentos e esta semana empezou a colaborar con Cáritas Cruce de Arinaga, que se suma aos centros que ten Cáritas en San Fernando, Ingenio, Jinámar, La Vega de San José e Las Rehoyas que xa recibían diariamente produtos de primeira necesidade como froitas e verduras, lácteos, carne, peixe, embutidos, pan ou pastas dende os supermercados máis próximos.

As doazóns realízanse á primeira hora da mañá, de luns a venres. Os produtos, que son aptos para o consumo pero non para a venda, entréganse nas mellores condicións de calidade e seguridade alimentaria para que cheguen ás máis de 60 familias que atende Cáritas Cruce de Arinaga. Con esta incorporación xa son 21 os comedores sociais cos que a compañía colabora na provincia de Las Palmas.

O director de Cáritas Diocesana de Canarias, Gonzalo Marrero, agradeceu “a colaboración de Mercadona nun momento tan difícil como o que estamos sufrindo tanto con esta entrega puntual como coa doazón diaria de produto fresco aos nosos comedores sociais e entidades de repartición”.

Pola súa parte, o director de Relacións Externas de Las Palmas, Arcadio Peñate, declarou: “Sentímonos moi satisfeitos de poder achegar un granciño de arena ao gran labor que fai Cáritas. Agradecemos enormemente á entidade o seu traballo e dedicación altruísta, claves para a sociedade canaria”.

Doazóns de Mercadona en Canarias

Mercadona mantén un compromiso social cos veciños e veciñas das zonas nas que ten presenza e actividade e, nese sentido, doou no que vai de ano 825 toneladas de produtos de primeira necesidade a entidades benéficas e comedores sociais de Canarias.

Na provincia de Las Palmas, a compañía colabora co Banco de Alimentos, Cáritas, a Cruz Vermella, o Banco Municipal de Alimentos de Fuerteventura e con 21 comedores sociais e entidades de repartición da provincia (16 en Gran Canaria, 3 en Fuerteventura e 2 en Lanzarote).

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolver parte de canto recibe dela. Con este obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido.

Xunto á doazón de alimentos, Mercadona colabora con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social é a sostibilidade. Para iso, conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, baseado nos principios da economía circular e enfocado á optimización loxística, a eficiencia enerxética, a xestión de residuos, a produción sostible e a redución de plástico.

Nese sentido, Mercadona, xunto cos seus provedores Totaler, traballa na Estratexia 6.25 para conseguir en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25 % de plástico, que todos os envases deste material sexan reciclables e reciclar todo o residuo plástico. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Dende o ano 2011 é socio do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de dereitos humanos, normas laborais, medio ambiente e loita contra a corrupción.

Responsables de Cáritas Diocesana de Canarias e de Mercadona en Las Palmas durante a entrega de auga e zumeO director de Cáritas Diocesana de Canarias, Gonzalo Marrero e o director de Relacións Externas de Mercadona en Las Palmas, Arcadio Peñate durante a doazón.