Mapa de doazóns de Mercadona realizadas en 2021

Mercadona doa 20.600 toneladas de alimentos en 2021, un 21 % máis que en 2020

27 de xaneiro de 2022
  • En 2021 a compañía doou 20.600 toneladas de produtos a comedores sociais, bancos de alimentos e outras entidades benéficas de toda España e Portugal.

Mercadona, seguindo co seu compromiso de devolver á Sociedade parte do que recibe dela, doou en 2021 máis de 20.500 toneladas de produtos a comedores sociais, bancos de alimentos e outras entidades benéficas de toda España e as zonas de Portugal onde a compañía está presente. En concreto, o ano pasado Mercadona conseguiu doar un 21 % máis respecto ao exercicio de 2020.

Vídeo en español

Dende hai anos Mercadona leva a cabo diferentes iniciativas sociais entre as que se encontran as doazóns. A compañía non só fai entregas diarias dende as súas tendas ou bloques loxísticos, senón que pon a disposición das entidades a súa rede loxística para facer chegar todos os produtos.

As doazóns de Mercadona en 2021 son o equivalente a máis de 343.000 carros da compra cos que a compañía apoia máis de 380 comedores sociais, máis de 60 bancos de alimentos e outras entidades de ambos os dous países. 

Así mesmo, a compañía ten implantadas diversas estratexias para evitar e previr o desperdicio de alimentos e colabora con outras iniciativas como a “Gran Recollida” ou as “Operacións Quilo” nas que Mercadona as apoia cos seus recursos humanos e loxísticos.

Mapa de doazóns de Mercadona realizadas en 2021Mapa de doazóns de Mercadona realizadas en 2021.

Entidades sociais coas que colabora Mercadona

En España, a nivel nacional Mercadona colabora coa Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) e co Banco de Produtos Acompartir. Ademais, dentro de cada Comunidade Autónoma ou Cidade Autónoma, a compañía colabora con estas outras entidades sociais de forma habitual:

Documento en español

 

Listado entidades donaciones Mercadona en 2021

Descargar

 

 

Imaxe de cabeceira: Mapa de doazóns de Mercadona realizadas en 2021.