Nuria, traballadora do supermercado de Av. Dr. Pascual Parrilla de Murcia, Murcia

O Comité de Dirección de Mercadona acorda incrementarlle un 6,5% o soldo ao cadro de persoal

21 de xaneiro de 2022
  • Esta medida aplícaa ás máis de 93.300 persoas do seu cadro de persoal en España e ten como obxectivo garantir o poder adquisitivo dos empregados.

O Comité de Dirección de Mercadona, empresa de supermercados físicos e de venda en liña, acordou, en coherencia co Modelo de Calidade Total da compañía, subir un 6,5 % o soldo de todo o seu cadro de persoal para garantir o poder adquisitivo das máis de 93.300 persoas que ten en España.

Esta medida adóptase dentro dun escenario complexo como o que se está vivindo e no que todas as persoas que forman parte de Mercadona son esenciais para adaptarse con axilidade e determinación, porque eles son o mellor activo dos clientes; canto máis satisfán ao “Xefe”, como internamente a compañía chama ao cliente, máis avanza Mercadona.

A partir de xaneiro deste ano, o salario mínimo de entrada en Mercadona durante o primeiro ano será de 1.425 euros brutos ao mes, é dicir, 87 € máis ao mes que en 2021.

Unha política de RRHH pioneira no sector

Mercadona leva anos impulsando unha política de RRHH, pioneira no sector, que aposta pola conciliación, a formación e o desenvolvemento persoal e profesional de cantos compoñen o seu cadro de persoal. Con este incremento salarial, reforza a súa aposta polo emprego estable e de calidade que a compañía leva a cabo dende hai máis de 25 anos, cando decidiu iniciar o proceso de converter en fixo todo o cadro de persoal.

Imaxe de cabeceira: Nuria, traballadora do supermercado de Av. Dr. Pascual Parrilla de Murcia, Murcia.