Entrega de alimentos por parte de Mercadona

Mercadona doará diariamente produtos ao Fogar San Fran-cisco Javier de Tafalla

05 de novembro de 2018
  • A cadea de supermercados comeza a entregar diariamente produtos de primeira necesidade ao Fogar San Francisco Javier de Tafalla que, xestionado polas Hermanitas de los Ancianos Desamparados, acolle 100 anciáns sen recursos.
  • Mercadona doou máis de 208.000 quilos de produtos de primeira necesidade en 2017 en Navarra.

No marco da súa responsabilidade social, Mercadona iniciou unha colaboración estable co Fogar San Francisco Javier de Tafalla, a través da entrega diaria de produtos básicos. Xestionado polas Hermanitas de los Ancianos Desamparados no fogar habitan 100 anciáns sen recursos. A doazón realízase pola mañá, grazas aos recursos loxísticos e humanos que achega Mercadona, e os produtos entréganse nas mellores condicións de calidade e seguridade alimentaria. Con esta iniciativa solidaria axúdase na elaboración de comidas para os anciáns aos que atende esta institución, situada no número 48 da avenida Severino Fernández de Tafalla.

Imanol Flandes, director de Relacións Externas de Mercadona en Navarra, explica que “grazas a esta colaboración ampliamos o número de beneficiarios da nosa RSE en Navarra prestando atención, ademais, a un colectivo tan vulnerable como o da terceira idade”. Pola súa parte, sor Anunciación del Río, das Hermanitas de los Ancianos Desamparados, móstrase “moi agradecida a Mercadona porque estas doazóns permítennos preparar uns menús moi variados e saudables para os nosos anciáns”.

Como parte da súa responsabilidade social corporativa, Mercadona non só realiza esta colaboración, senón que asinou un convenio coa Fundación Banco de Alimentos de Navarra a través do que este ano doou 4.500 kg de produtos de primeira necesidade. Ademais, colabora diariamente coa Fundación Ilundain Haritz Berri, as Hermanitas dos Pobres de Pamplona, o comedor solidario Paris 365, a Escola Obradoiro de Estella-Lizarra e o comedor solidario Villa Javier de Tudela. Todas estas accións fixeron que, en 2017, Mercadona doara máis de 208.000 quilos de produtos de primeira necesidade a entidades sociais navarras.

Sobre Mercadona en Navarra

Mercadona conta con 11 tendas en Navarra e un cadro de persoal de 574 persoas, todas elas con emprego estable e de calidade. Ademais, a compañía mantén relación comercial con 714 pemes desta comunidade e en 2017 realizou compras a provedores navarros por valor de 394 millóns de euros, un 45% máis que o ano anterior. Exemplos dos seus provedores agroalimentarios e da súa aposta polo produto local, son a compra de 1 millón quilos de alcachofa en Tudela, 6.000 quilos de espárrago branco con IXP Navarra, 4,3 millóns de quilos de cebolas, 2,5 millóns de quilos de endivias, 1,3 millóns de unidades de leituga Batavia e máis de 13.000 anellos.

Sobre as Hermanitas de los Ancianos Desamparados

As Hermanitas de los Ancianos Desamparados son unha congregación relixiosa fundada en 1873 polo sacerdote Saturnino López Novoa e Santa Teresa Jornet. A súa misión é acoller os anciáns máis pobres  nun ambiente de familia para poder atender todas as súas necesidades: materiais, de afecto e espirituais. A Congregación é responsable, dende 1891, do Fogar San Francisco Javier de Tafalla, no que traballan sete irmás e 38 traballadoras e traballadores. Na actualidade están presentes en 204 Fogares situados en 19 países, dos que 125 están en España.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolver parte de canto recibe dela. Co devandito obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte desta política, Mercadona traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes, así como na construción de cubertas axardinadas e xardíns verticais nas súas tendas.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade medioambiental. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Medioambiental propio, enfocado á optimización loxística, á eficiencia enerxética e á redución de residuos; parte deste sistema está baseado nos principios da Economía Circular e busca conxuntamente cos interprovedores a conversión de residuos en novos recursos.

Ademais, Mercadona colabora con máis de 140 comedores sociais e 60 bancos de alimentos e outras entidades benéficas de toda España para a doazón diaria de alimentos, así como, a colaboración en campañas de recollida de alimentos. Igualmente, traballa con máis de 27 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.

Mercadona é dende 2009 membro do Foro Europeo da Distribución para a Sostibilidade (REAP), un organismo copresidido pola Comisión Europea no que todos os seus participantes son auditados periódica e externamente en materia de sostibilidade. Ademais, está adherida dende o ano 2011 ao Pacto Mundial das Nacións Unidas pola defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.