Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Logo de Mercadona exterior

Mercadona doará diariamente produtos á residencia de anciáns La Concepción de Calahorra

18 de septembro de 2019
  • A cadea de supermercados comeza a entregar diariamente produtos de primeira necesidade á residencia La Concepción de Calahorra que, xestionada polas Hermanitas de los Ancianos Desamparados, acolle, actualmente, 131 anciáns sen recursos.
  • Mercadona doou 96.000 quilos de produtos de primeira necesidade en 2018 en La Rioja.

No marco da súa responsabilidade social, Mercadona iniciou unha colaboración estable coa residencia de anciáns La Concepción de Calahorra, a través da entrega diaria de produtos básicos. Xestionado polas Hermanitas de los Ancianos Desamparados no fogar habitan, actualmente, 131 anciáns sen recursos. A doazón  realízase pola mañá, grazas aos recursos loxísticos e humanos que achega Mercadona, e os produtos entréganse nas mellores condicións de calidade  e seguridade alimentaria. Con esta iniciativa solidaria axúdase na elaboración de comidas para os anciáns aos que atende esta institución, situada no número 17 da estrada de Murillo de Calahorra.

Imanol Flandes, director de Relacións Externas de Mercadona en La Rioja, explica que “esta colaboración nos permite ampliar o número de beneficiarios da nosa RSE en La Rioja axudando a un colectivo tan relevante como o da terceira idade”. Pola súa parte, sor María Aurora Gómara, das Hermanitas de los Ancianos Desamparados, agradeceu “estas doazóns a Mercadona porque, con elas, preparamos uns menús moi variados e saudables para os nosos anciáns”.

Como parte da súa responsabilidade social corporativa, Mercadona non só realiza esta colaboración, senón que asinou un convenio co Banco de Alimentos de La Rioja, a través do que este ano doou 5.500 litros de leite. Ademais, colabora diariamente co propio Banco de Alimentos de La Rioja e co comedor social Cocina Económica de Logroño. Todas estas accións fixeron que, en 2018, Mercadona doase máis de 96.000 quilos de produtos de primeira necesidade a entidades sociais rioxanas.

Hermanitas de los Ancianos Desamparados de Calahorra con Manuel, traballador de Mercadona, durante a entrega diaria de produtos

Hermanitas de los Ancianos Desamparados de Calahorra con Manuel, traballador de Mercadona, durante a entrega diaria de produtos.

Mercadona en La Rioja

Mercadona conta con 9 tendas en La Rioja (5 en Logroño e 1 en Alfaro, Arnedo, Calahorra e Haro) e un cadro de persoal de 506 persoas con emprego estable e de calidade. A compañía mantén relación comercial con 805 pemes e en 2018 realizou compras a provedores rioxanos por valor de 377 millóns de euros, un 5% máis que o ano anterior.

As Hermanitas de los Ancianos Desamparados

As Hermanitas de los Ancianos Desamparados son una congregación relixiosa fundada en 1873 polo sacerdote Saturnino López Novoa e Santa Teresa Jornet. A súa misión é acoller os anciáns máis pobres nun ambiente de familia para poder atender todas as súas necesidades: materiais, de afecto e espirituais. A Congregación é responsable, dende 1881, da residencia La Concepción en Calahorra, na que traballan 10 irmás e 49 traballadoras e traballadores. Na actualidade están presentes en 204 Fogares situados en 19 países, dos que 125 están en España.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolver parte de canto recibe dela. Co devandito obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte desta política, Mercadona traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes, así como na construción de cubertas axardinadas e xardíns verticais nas súas tendas.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade medioambiental. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Medioambiental propio, enfocado á optimización loxística, á eficiencia enerxética e á redución de residuos; parte deste sistema está baseado nos principios da Economía Circular e busca conxuntamente cos provedores totalers a conversión de residuos en novos recursos.

Ademais, Mercadona colabora con máis de 170 comedores sociais e 60 bancos de alimentos e outras entidades benéficas de toda España para a doazón diaria de alimentos, así como, a colaboración en campañas de recollida de alimentos. Igualmente, traballa con máis de 33 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.

Mercadona é dende 2009 membro do Foro Europeo da Distribución para a Sostibilidade (REAP), un organismo copresidido pola Comisión Europea no que todos os seus participantes son auditados periódica e externamente en materia de sostibilidade. Ademais, está adherida dende o ano 2011 ao Pacto Mundial das Nacións Unidas pola defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.