Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Exterior tenda de Mercadona en Sevilla

Mercadona destina 42 millóns de euros a transformar a súa rede de tendas en Sevilla

17 de septembro de 2019
  • A compañía conta na provincia con 30 supermercados adaptados ao Novo Modelo de Tenda Eficiente, que reforza a excelencia no servizo e reduce ata nun 40% o consumo enerxético, e seguiu reforzando a súa estratexia de Frescos Global para incrementar a calidade e calidez da oferta de frescos.
  • Mercadona reabre hoxe o seu supermercado situado en Plaza de Armas tras unha reforma integral e o próximo 27 de setembro abrirá a súa nova tenda no centro comercial Lagoh, apertura que supuxo  un investimento de 3,5 millóns de euros e a creación de 34 postos de traballo estables e de calidade.

Mercadona, empresa de supermercados físicos e de venda en liña, continúa o seu proceso de transformación na provincia de Sevilla, onde o investimento executado pola compañía no que vai de 2019 ascende a 42 millóns de euros. Varias son as actuacións levadas a cabo. Por un lado, seguiu impulsando a adaptación dos seus supermercados ao Novo Modelo de Tenda Eficiente, que reforza a excelencia no servizo e reduce ata nun 40% o consumo enerxético. Hoxe son xa 30 as tendas baixo este modelo na provincia de Sevilla, onde no que vai de ano a compañía acometeu 14 reformas e unha apertura (no municipio de Espartinas, por peche da anterior ao non cumprir os estándares requiridos pola compañía). Pero ademais, Mercadona tamén seguiu reforzando a súa estratexia de Frescos Global para ofrecer, a través da especialización, novas alternativas ás necesidades dos 'Xefes' (como internamente denomina os seus clientes) e incrementar a calidade e calidez na oferta de frescos, de maneira que son xa 49 os supermercados con Frescos Global na provincia de Sevilla.

Hoxe reabre ao público o supermercado situado en Plaza de Armas, tras unha reforma integral para adaptalo ao Novo Modelo de Tenda Eficiente da compañía que supuxo un investimento de 2 millóns de euros e a participación de 20 provedores, que deron emprego a máis de 90 persoas durante a fase de reforma. E o próximo 27 de setembro, Mercadona abrirá a súa nova tenda eficiente no centro comercial Lagoh, apertura que supuxo un investimento de 3,5 millóns de euros e a creación de 34 postos de traballo estables e de calidade.

O Novo Modelo de Tenda Eficiente de Mercadona reforza a excelencia no servizo e optimiza o acto de compra, con melloras das que se benefician tanto os “Xefes” (clientes) como os traballadores, os provedores e a sociedade. Para iso, conta con novidades en todas as súas seccións. Por exemplo, dispón dun novo punto de acabado para a carne, unha nova chacinería con xamón cortado e envasado, unha góndola central na perfumería para a cosmética especializada, un servizo de zume de laranxa acabado de espremer, especialidades de sushi, unha nova sección de forno con rebandadora de pan e pastelería refrixerada ou unha nova exposición na peixería para os produtos de cuncha, entre outras novidades.

O modelo de tenda eficiente da compañía tamén contempla a disposición dunha entrada con dobre cristal que evita correntes de aire, uns corredores máis amplos, un novo modelo de carro da compra e un novo modelo de carro tipo cesta, ambos os dous moito máis ergonómicos e lixeiros. A todo iso súmase un deseño totalmente renovado respecto ao anterior modelo de tenda con novas cores e materiais, tanto na fachada exterior de acceso ao supermercado como na distribución das distintas seccións, ademais de amplos espazos diáfanos que facilitan a entrada de luz natural e cores cálidas na delimitación dos distintos ambientes.

Tecnoloxía, Ergonomía e Aforro enerxético

Adicionalmente, co obxectivo de facilitar as tarefas diarias dos traballadores, este novo modelo de tenda da compañía inclúe múltiples medidas para mellorar a ergonomía e eliminar sobreesforzos. Por exemplo, o novo moble de caixa de Mercadona desenvolveuse en colaboración co Instituto de Biomecánica de Valencia. As tendas tamén dispoñen de zonas comúns para que os empregados gocen dunha maior comodidade nos seus momentos de descanso, así como un comedor máis equipado e uns mobles persoais máis amplos e cómodos.

Outro dato que hai que destacar é que a Tenda Eficiente de Mercadona está completamente conectada tecnoloxicamente, mediante a integración dunha serie de dispositivos electrónicos e ferramentas colaboradoras para os traballadores, cos que poder compartir información dende calquera sección da tenda; iso facilita a autoxestión de cada supermercado e axiliza os procesos de toda a cadea. Entre os novos dispositivos figuran, entre outros, as balanzas nas caixas ou o uso de tabletas electrónicas que substitúen o papel para realizar xestións administrativas. Todo iso permite optimizar os procesos e coñecer a xestión da tenda en tempo real, o que facilita a toma de decisións e contribúe a unha maior axilidade, especialmente, na xestión dos produtos frescos.

A nivel medioambiental, tomáronse medidas que permiten reducir ata un 40% o consumo enerxético respecto ao modelo de tenda convencional, debido á mellora do  illamento térmico e acústico, optimizando os materiais e o grosor de paredes e teitos e con novas arcas de conxelado máis eficientes enerxeticamente e respectuosos co medio ambiente. Ademais, conta cun sistema de iluminación LED automatizado que se regula segundo zonas e momentos do día, para unha xestión enerxética moito máis eficiente.

Sección conxelados no supermercado situado en Plaza de Armas, SevillaSección conxelados no supermercado situado en Plaza de Armas, Sevilla.

Sección chacinería no supermercado situado en Plaza de Armas, SevillaSección chacinería no supermercado situado en Plaza de Armas, Sevilla.