Entrega de 27.000 litros de leite por parte de Mercadona ao Banco de Alimentos de Lleida

Mercadona dóalles 27.000 litros de leite Hacendado aos Bancos de Alimentos de Tarragona e Lleida

16 de abril de 2018
  • No 2017 a compañía doou máis de 700.000 quilos de alimentos e doutros produtos de primeira necesidade a diversas institucións e organizacións benéficas de Tarragona e Lleida. 

Mercadona fixo efectiva a doazón de 13.500 litros de leite enteiro da marca propia Hacendado ao Banco de Alimentos das comarcas de Tarragona e doutros 13.500 ao Banco de Alimentos de Lleida en cumprimento do convenio de colaboración asinado por ambas as partes. Esta doazón súmase á efectuada ao Banco de Alimentos de Barcelona e que continuará os vindeiros días co reparto ao banco de alimentos de Xirona até completar os 100.000 litros de leite que a compañía de supermercados doará este ano 2018 en Cataluña.

A relación entre Mercadona e a Federación Catalá de Bancos de Alimentos, que engloba os catro bancos de alimentos, comezou no ano 2010 coincidindo coa campaña de recollida de alimentos básicos en supermercados e mercados. Esta colaboración, iniciada hai nove anos, enmárcase desde dúas vertentes: por un lado, pór á disposición dos bancos de alimentos as tendas de Mercadona nas edicións que organizan para recadar alimentos, e, por outro lado, facer unha doazón de produtos de primeira necesidade para que os bancos de alimentos os poidan distribuír entre as persoas carenciadas a través de entidades benéficas.

Entrega de leite enteiro Hacendado ao Banco de Alimentos das bisbarras de TarragonaDoazón de leite enteiro Hacendado ao Banco de Alimentos das bisbarras de Tarragona.

Unha política de acción social sustentable integrada na estratexia de RSE de Mercadona

 Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolverlle parte de todo o que recibe dela. Con este obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía que atende o componente social e mais ético a través de diferentes liñas de actuación sustentables que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido.

No marco desta política, para alén da colaboración cos Bancos de Alimentos, a cadea de supermercados tamén doa produtos a máis de 30  comedores sociais repartidos por toda Cataluña. A doazón realízase acotío grazas aos recursos loxísticos e humanos de Mercadona, que leva a cadanseu comedor social os produtos e os entrega nas mellores condicións de calidade e seguridade alimentaria para os voluntarios prepararen as comidas.

En total, o ano pasado, Mercadona doou máis de 1.600 toneladas de alimentos e doutros produtos de primeira necesidade a varias entidades sociais e organizacións benéficas de Cataluña.