- A cadea de supermercados dou máis de 1.600 toneladas de produtos de primeira necesidade en 2020 en Euskadi a distintas entidades.
Mercadona doou ao Banco de Alimentos de Bizkaia máis de 7.000 quilos de produtos de primeira necesidade. Co obxectivo de continuar atendendo os colectivos máis desfavorecidos a cadea de supermercados fixo efectiva a entrega de conservas de peixe, galletas, aceite, alimentación infantil, leite, arroz e pasta, entre outros.
Na entrega estiveron presentes, Luis Crovetto, vicepresidente do Banco de Alimentos de Bizkaia, e Imanol Flandes, Xerente de Relacións Externas de Mercadona. Flandes afirmou que “somos conscientes de que, no contexto actual, estas doazóns son moi necesarias, xa que o número de beneficiarios do Banco de Alimentos de Bizkaia se incrementou en case 5.000 persoas dende o pasado ano”. Pola súa parte Crovetto agradeceu “a doazón de hoxe e a colaboración diaria de Mercadona que nos serven para axudar ás máis de 30.000 persoas que se benefician destes alimentos”.
Mercadona doou máis de 1.600 toneladas de produtos a entidades sociais en Euskadi en 2020. Esta cantidade significa un aumento do 21 % das achegas de alimentos e outros produtos a entidades sociais respecto ao ano anterior, como consecuencia da crise sanitaria e económica actual.
Como parte da súa responsabilidade social empresarial, Mercadona non só realiza esta acción, tamén colabora diariamente, doando produtos de primeira necesidade, cos Bancos de Alimentos de Araba, Bizkaia e Gipuzkoa.
Mercadona en Euskadi
Mercadona conta con 22 tendas en Euskadi e prevé abrir cinco máis en 2021 situadas en Bizkaia e Gipuzkoa. Conta cun cadro de persoal de 2.131 persoas, con emprego estable e de calidade. Outro feito que demostra a aposta de Mercadona por Euskadi son os 565 millóns de euros en compras realizadas a provedores vascos en 2020, un 3 % máis que o ano anterior.
Banco de Alimentos de Bizkaia
O Banco de Alimentos de Bizkaia é unha institución sen ánimo de lucro que trata de resolver a necesidade básica do ser humano, que é a alimentación, así como loitar contra o dispendio de alimentos. Para este fin promove a recollida de alimentos, que almacena nas súas instalacións para proceder, posteriormente, á súa repartición entre os centros asistenciais cuxo obxectivo é dar de comer aos necesitados. En 2020, os 178 voluntarios do Banco de Alimentos de Bizkaia distribuíron, a través de 213 entidades colaboradoras, un total de 4.400 toneladas de alimentos a 30.144 beneficiarios, unha media de 145 quilos por persoa.
Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona
Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolver parte de canto recibe dela. Con este obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Xunto á doazón de alimentos, Mercadona colabora con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.
Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social é a sostibilidade. Para iso, conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, baseado nos principios da economía circular e enfocado á optimización loxística, a eficiencia enerxética, a xestión de residuos, a produción sostible e a redución de plástico. Nese sentido, Mercadona, xunto cos seus provedores Totaler, traballa na Estratexia 6.25 para conseguir en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25 % de plástico, que todos os envases deste material sexan reciclables e reciclar todo o residuo plástico. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías más limpas e eficientes.
Dende o ano 2011 é socio do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de dereitos humanos, normas laborais, medio ambiente e loita contra a corrupción.
Responsables do Banco de Alimentos de Bizkaia con Imanol Flandes, Xerente de Relacións Externas de Mercadona.