Daniel Fernández, presidente do Banco de Alimentos de Araba, e Imanol Flandes, xerente de RREE de Mercadona

Mercadona doa máis de 7.000 quilos de produtos de primeira necesidade ao Banco de Alimentos de Araba

30 de xuño de 2021
  • A cadea de supermercados doou máis de 1.600 toneladas de produtos de primeira necesidade en 2020 en Euskadi a distintas entidades.

Mercadona doou ao Banco de Alimentos de Araba máis de 7.000 quilos de produtos de primeira necesidade. Co obxectivo de continuar atendendo os colectivos máis desfavorecidos a cadea de supermercados fixo efectiva a entrega de conservas de peixe, galletas, aceite, alimentación infantil, leite, arroz e pasta, entre outros.

Na entrega estiveron presentes, Daniel Fernández, presidente do Banco de Alimentos de Araba, e Imanol Flandes, Xerente de Relacións Externas de Mercadona. Flandes afirmou que “en Mercadona somos conscientes do labor vital que realiza o Banco de Alimentos, cando a cantidade de persoas que necesitan a súa axuda está aumentando; por iso, reforzamos as nosas doazóns, tanto as puntuais como as diarias”. Pola súa parte Fernández agradeceu “a doazón de hoxe e a colaboración diaria de Mercadona nestes tempos tan complicados, nos que o número de beneficiarios do BAA se incrementou máis dun 14 % no último ano”.   

Mercadona doou máis de 1.600 toneladas de produtos a entidades sociais en Euskadi en 2020. Esta cantidade significa un aumento do 21 % das achegas de alimentos e outros produtos a entidades sociais respecto ao ano anterior, como consecuencia da crise sanitaria e económica actual.

Como parte da súa responsabilidade social empresarial, Mercadona non só realiza esta acción, tamén colabora diariamente, doando produtos de primeira necesidade, cos Bancos de Alimentos de Araba, Bizkaia e Gipuzkoa.

Mercadona en Euskadi

Mercadona conta con 22 tendas en Euskadi e prevé abrir cinco máis en 2021 situadas en Bizkaia e Gipuzkoa. Conta cun cadro de persoal de 2.131 persoas, con emprego estable e de calidade. Outro feito que demostra a aposta de Mercadona por Euskadi son os 565 millóns de euros en compras realizadas a provedores vascos en 2020, un 3 % máis que o ano anterior.

Banco de Alimentos de Araba

Constituído en 1998, o obxectivo do Banco de Alimentos de Araba é a loita contra o dispendio a favor dos máis necesitados no noso ámbito. En 2020, os 56 voluntarios fixos do Banco de Alimentos de Araba distribuíron a través de 66 entidades colaboradoras, más de 1.700 toneladas de alimentos a 7.095 beneficiarios.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolver parte de canto recibe dela. Con este obxectivo, desenvolve o Plan de Responsabilidade Social da compañía, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Xunto á doazón de alimentos, Mercadona colabora con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración da súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social é a sostibilidade. Para iso, conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, baseado nos principios da economía circular e enfocado á optimización loxística, a eficiencia enerxética, a xestión de residuos, a produción sostible e a redución de plástico. Nese sentido, Mercadona, xunto cos seus provedores Totaler, traballa na Estratexia 6.25 para conseguir en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25 % de plástico, que todos os envases deste material sexan reciclables, e reciclar todo o residuo plástico. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Dende o ano 2011 é socio do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de dereitos humanos, normas laborais, medio ambiente e loita contra a corrupción.

Daniel Fernández, presidente do Banco de Alimentos de Araba, e Imanol Flandes, xerente de RREE de MercadonaDaniel Fernández, presidente do Banco de Alimentos de Araba, e Imanol Flandes, xerente de RREE de Mercadona.