Doazón Mercadona ao Banco de Alimentos de Albacete

Mercadona doa máis de 500 toneladas de alimentos en 2020 a entidades sociais de Castilla-La Mancha

08 de febreiro de 2021
  • A compañía doou o equivalente a 8.300 carros da compra, duplicou o doado o ano anterior.
  • Mercadona colabora diariamente con 10 comedores sociais de Castilla-La Mancha. Ademais, realiza doazóns periódicas aos cinco Bancos de Alimentos da rexión, e a diferentes entidades da Cruz Vermella e Cáritas, tanto de forma provincial como local.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, doou máis de 500 toneladas de produtos en 2020 a comedores sociais, bancos de alimentos e outras entidades benéficas de Castilla-La Mancha. Esta cantidade significou duplicar as achegas de alimentos e outros produtos a entidades sociais respecto ao ano anterior como consecuencia da crise sanitaria e económica actual.

Estas doazóns son o equivalente a máis de 8.300 carros da compra e realízanse a través da colaboración con comedores sociais, bancos de alimentos, a Cruz Vermella, Cáritas e outras entidades sociais e organizacións benéficas da rexión.

En Castilla-La Mancha, Mercadona continúa apoiando e mantendo a súa colaboración diaria con 10 comedores sociais castelán-manchegos aos que doa diariamente produtos de primeira necesidade.

Tamén colaborou cos Bancos de Alimentos da rexión realizando doazóns para paliar na medida do posible as necesidades destas entidades mentres realizaron un labor encomiable axudando a numerosas familias na difícil situación social na que nos encontramos a consecuencia da Covid-19. Ademais, Mercadona realizou repetidas doazóns de produtos de primeira necesidade a outras entidades sociais como a Cruz Vermella e Cáritas en numerosos municipios de Castilla-La Mancha.

Os “Xefes” de Mercadona (como a compañía denomina os seus clientes) tamén colaboraron nesta campaña coa doazón de 245 toneladas, que equivalen a máis de 4.000 carros da compra, nas distintas operacións quilo que se realizaron ao longo do ano nos establecementos da rexión.

José Ruiz Martínez, Director de Relacións Externas de Mercadona en Castilla-La Mancha, destaca que: “A compañía, no seu firme compromiso de estar ao lado dos colectivos máis desfavorecidos, intensificou o seu Modelo Responsable colaborando cos bancos de alimentos, comedores sociais e outras entidades da rexión dando resposta ás necesidades das persoas máis vulnerables nunha situación de extraordinaria complexidade como a que estamos vivindo.”

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolver parte de canto recibe dela. Con este obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido.

Xunto ás doazón de alimentos, Mercadona colabora con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade é a sostibilidade. Para iso, conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, baseado nos principios da economía circular e enfocado á optimización loxística, a eficiencia enerxética, a xestión de residuos, a produción sostible e a redución de plástico.

Nese sentido, Mercadona, xunto cos seus provedores Totaler, traballa na Estratexia 6.25 para conseguir en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25 % de plástico, que todos os envases deste material sexan reciclables, e reciclar todo o residuo plástico. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Desde o ano 2011 é socio do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de dereitos humanos, normas laborais, medio ambiente e loita contra a corrupción.

Doazón de Mercadona ao Banco de Alimentos de Albacete en 2020Doazón de Mercadona ao Banco de Alimentos de Albacete.

Doazón de Mercadona ao Banco de Alimentos de Toledo en 2020Doazón de Mercadona ao Banco de Alimentos de Toledo.

Entrega de alimentos de Mercadona a Cáritas de GuadalajaraEntrega de Mercadona realizada a Cáritas de Guadalajara.

Logo EActiVate