Entrega de Mercadona realizada a Cáritas Toledo

Mercadona doa máis de 3.600 quilos de alimentos de primeira necesidade a Cáritas de Toledo

10 de novembro de 2020
  • A compañía afianza a súa colaboración con Cáritas de Toledo, entregando alimentos de primeira necesidade como leite, legumes e galletas.
  • A compañía doou ata o momento, ás distintas entidades e organizacións sociais de Castilla-La Mancha, máis de 438 toneladas de produtos, un 108 % máis que en 2019.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, reforza o seu Modelo Responsable durante a situación excepcional que vive o país ocasionada pola Covid-19, e doa máis de 3.600 quilos de alimentos de primeira necesidade a Cáritas de Toledo. En concreto, doou produtos como leite, legumes e galletas.

Natalia Castrillo, Directora de Relacións Externas de Mercadona en Toledo, destaca que: “A compañía, no seu firme compromiso de estar ao lado dos colectivos máis desfavorecidos, intensifica o seu Modelo Responsable colaborando cos bancos de alimentos e comedores sociais da provincia aos que, no que vai de ano, doou máis de 438 toneladas de produtos de primeira necesidade, un 108 % máis que en 2019. A situación de excepcionalidade que estamos vivindo é moi cambiante e require axilidade nas nosas decisións e formulacións, cun único obxectivo: dar resposta ás necesidades das persoas máis vulnerables nunha situación de extraordinaria complexidade como a que estamos vivindo”.

Por outro lado, Javier García-Cabañas, Secretario Xeral de Cáritas en Toledo, reitera unha vez máis o seu agradecemento a Mercadona por esta nova doazón, nuns momentos nos que a pandemia recruou e as necesidades das familias van en aumento. “Grazas a empresas con corazón, como Mercadona, podemos seguir acompañando e axudando a centos de familias en toda a provincia de Toledo. Para Cáritas, Mercadona é un exemplo de compañía comprometida cos máis necesitados, e agora máis que nunca pedimos a colaboración das empresas que poidan axudarnos”.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Mercadona, como parte do compromiso de compartir coa sociedade parte de canto recibe dela, desenvolve o seu Plan de Responsabilidade Social, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas sostibles de actuación que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte deste plan, Mercadona colabora con 285 comedores sociais, 60 bancos de alimentos e outras entidades sociais de España e Portugal aos que doa diariamente alimentos, e participa nas campañas de recollida de alimentos que as devanditas entidades organizan.

De feito, no que vai de ano, a compañía doou a todas estas entidades e organizacións un total de 13.208 toneladas de alimentos, 12.438 en España e 770 en Portugal, cantidades que se foron incrementado dende que a compañía tomase a decisión de reforzar as doazóns aos Comedores Sociais e Bancos de Alimentos cos que a compañía viña colaborando habitualmente.

Igualmente, Mercadona colabora intensamente con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con distintos graos de discapacidade.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, baseado nos principios da Economía Circular e enfocado á optimización loxística, á eficiencia enerxética, á xestión de residuos, á produción sostible e á redución de plástico. Nese sentido, hai que destacar que Mercadona, xunto aos seus Provedores Totaler, traballa na Estratexia 6.25 para conseguir en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25 % de plástico, que todos os envases deste material sexan reciclables, e reciclar todo o residuo deste. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Mercadona é socio dende o ano 2011 do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.

Entrega de Mercadona realizada a Cáritas ToledoEntrega de Mercadona realizada a Cáritas Toledo.

Logo EActiVate