Entrega de produtos de primeira necesidade de Mercadona ao Banco de Alimentos de Salamanca

Mercadona doa 2 toneladas de produtos de primeira necesidade ao Banco de Alimentos de Salamanca

13 de novembro de 2020
  • A compañía reforza a súa colaboración coa entidade entregando produtos de primeira necesidade como macarróns e pasta seca, colaboración que se suma á anterior doazón realizada no mes de abril.
  • A compañía doou ata o momento, ás distintas entidades e organizacións sociais de Castilla y León, máis de 1.154 toneladas de produtos, un 9 % máis que en 2019.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, reforza o seu Modelo Responsable durante a situación excepcional que vive o país ocasionada pola Covid-19, e doa 2 toneladas de produtos de primeira necesidade ao Banco de Alimentos de Salamanca, que se suman ás máis de 7 toneladas de leite doadas pola compañía en abril. En concreto, doou produtos como macarróns e pasta seca.

Laura del Palacio, Directora de Relacións Externas de Mercadona en Salamanca, destaca que: “A compañía, no seu firme compromiso de estar ao lado dos colectivos máis desfavorecidos, intensifica o seu Modelo Responsable colaborando cos bancos de alimentos e comedores sociais da provincia aos que, no que vai de ano, doou 111 toneladas de produtos de primeira necesidade. A situación de excepcionalidade que estamos vivindo é moi cambiante e require axilidade nas nosas decisións e formulacións, cun único obxectivo: dar resposta ás necesidades das persoas máis vulnerables nunha situación de extraordinaria complexidade como a que estamos vivindo”.

Por outro lado, Godofredo García, presidente do Banco de Alimentos de Salamanca agradece o labor da compañía pola “súa actitude de axuda sempre incondicional con todas as asociacións da provincia de Salamanca, ao facilitarnos a posibilidade de poder terminar o ano o mellor posible, podendo chegar así a moita máis xente”.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Mercadona, como parte do compromiso de compartir coa sociedade parte de canto recibe dela, desenvolve o seu Plan de Responsabilidade Social, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas sostibles de actuación que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte deste plan, Mercadona colabora con máis de 285 comedores sociais, 60 bancos de alimentos e outras entidades sociais de España e Portugal aos que doa diariamente alimentos, e participa nas campañas de recollida de alimentos que as devanditas entidades organizan.

De feito, no que vai de ano, a compañía doou a todas estas entidades e organizacións un total de 13.208 toneladas de alimentos, 12.438 en España e 770 en Portugal, cantidades que se foron incrementado dende que a compañía tomase a decisión de reforzar as doazóns aos Comedores Sociais e Bancos de Alimentos cos que a compañía viña colaborando habitualmente.

Igualmente, Mercadona colabora intensamente con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con distintos graos de discapacidade.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, baseado nos principios da Economía Circular e enfocado á optimización loxística, á eficiencia enerxética, á xestión de residuos, á produción sostible e á redución de plástico. Nese sentido, destaca que Mercadona, xunto aos seus Provedores Totaler, traballa na Estratexia 6.25 para conseguir en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25% de plástico, que todos os envases deste material sexan reciclables, e reciclar todo o residuo deste. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Mercadona é socio dende o ano 2011 do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.

Entrega de produtos de primeira necesidade de Mercadona ao Banco de Alimentos de SalamancaEntrega de produtos de primeira necesidade de Mercadona ao Banco de Alimentos de Salamanca.

Logo EActiVate