Carlos Martínez, vicepresidente do Banco de Alimentos de Gipuzkoa e Miryam Oca, Xerente de Relacións Externas de Mercadona en Euskadi

Mercadona doa máis de 10.000 mamadeiras e biberóns aos Bancos de Alimentos de Bizkaia e de Gipuzkoa

07 de decembro de 2020
  • A cadea de supermercados doou máis de 1.300 toneladas de produtos de primeira necesidade en 2020 en Euskadi a distintas entidades sociais.

Mercadona doou aos Bancos de Alimentos de Bizkaia e de Gipuzkoa máis de 10.000 mamadeiras e biberóns, co obxectivo de continuar atendendo os colectivos máis desfavorecidos. Reforza, desta forma, a colaboración que mantén con ambas as dúas entidades ás que entrega, diariamente, produtos de primeira necesidade.

Miryam Oca, Xerente de Relacións Externas de Mercadona en Euskadi, afirmou que “seguimos reforzando as doazóns en Euskadi, durante a excepcional situación ocasionada pola COVID-19, para dar resposta ás demandas das persoas máis necesitadas”. Pola súa parte, desde ambos os dous Bancos de Alimentos agradeceron “tanto esta doazón como a colaboración diaria de Mercadona, especialmente nestes momentos, nos que o número de persoas que atendemos segue aumentando debido á pandemia”.   

Como parte da súa responsabilidade social empresarial, Mercadona non só realiza esta colaboración cos Bancos de Alimentos de Bizkaia e de Gipuzkoa, tamén colabora diariamente, doando produtos de primeira necesidade, co Banco de Alimentos de Araba e o comedor social Nuestra Señora de los Desamparados, de Vitoria-Gasteiz. Todas estas colaboracións traducíronse, durante 2020, en máis de 1.300 toneladas de produtos doados.

Mercadona en Euskadi

Mercadona conta con 21 tendas en Euskadi e un cadro de persoal de 2.045 persoas con emprego estable e de calidade. A súa aposta polo produto local levouna a realizar compras por valor de 546 millóns de euros en 2019, un 23,5 % máis que o ano anterior.

En 2020 culminou a construción do seu bloque loxístico en Vitoria-Gasteiz, que abastece os supermercados de Euskadi, Navarra, La Rioja, Cantabria e Burgos. Investiu, nesta infraestrutura, máis de 187 millóns de euros e creou 480 empregos.

Banco de Alimentos de Bizkaia

O Banco de Alimentos de Bizkaia é unha institución sen ánimo de lucro que trata de resolver a necesidade básica do ser humano, que é a alimentación, así como loitar contra o dispendio de alimentos. Para este fin promove a recollida de alimentos, que almacena nas súas instalacións para proceder, posteriormente, á súa repartición entre os centros asistenciais cuxo obxectivo é dar de comer aos necesitados. En 2019, os 178 voluntarios do Banco de Alimentos de Bizkaia distribuíron, a través de 221 entidades colaboradoras, un total de 3.971 toneladas de alimentos a 25.274 beneficiarios.

Banco de Alimentos de Gipuzkoa

Constituído en 1997, o obxectivo do Banco de Alimentos de Gipuzkoa é a loita contra o dispendio a favor dos máis necesitados no noso ámbito. En 2019, os 234 voluntarios do Banco de Alimentos de Gipuzkoa distribuíron, a través de 176 entidades colaboradoras, máis de 2.500 toneladas de alimentos a 17.683 beneficiarios, unha media de 143 quilos por persoa.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Mercadona, como parte do compromiso de compartir coa sociedade parte de canto recibe dela, desenvolve o seu Plan de Responsabilidade Social, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas sostibles de actuación que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte deste plan, Mercadona colabora con máis de 285 comedores sociais, 60 bancos de alimentos e outras entidades sociais de España e Portugal aos que doa diariamente alimentos, e participa nas campañas de recollida de alimentos que as devanditas entidades organizan. De feito, no que vai de ano, a compañía doou a todas estas entidades e organizacións un total de 14.463 toneladas de alimentos, 13.676 en España e 787 en Portugal, cantidades que se foron incrementado dende que a compañía tomase a decisión de reforzar as doazóns aos Comedores Sociais e Bancos de Alimentos cos que a compañía viña colaborando habitualmente.

Igualmente, Mercadona colabora intensamente con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con distintos graos de discapacidade. Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, baseado nos principios da Economía Circular e enfocado á optimización loxística, a eficiencia enerxética, a xestión de residuos, a produción sostible e a redución de plástico. Nese sentido, destaca que Mercadona, xunto aos seus Provedores Totaler, traballa na Estratexia 6.25 para conseguir en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25 % de plástico, que todos os envases deste material sexan reciclables, e reciclar todo o residuo deste. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Mercadona é socio dende o ano 2011 do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.

Carlos Martínez, vicepresidente do Banco de Alimentos de Gipuzkoa e Miryam Oca, Xerente de Relacións Externas de Mercadona en EuskadiCarlos Martínez, vicepresidente do Banco de Alimentos de Gipuzkoa e Miryam Oca, Xerente de Relacións Externas de Mercadona en Euskadi.

Logo EActiVate