Mural elaborado coa técnica trencadís nunha tenda Mercadona

Mercadona pola integración laboral de persoas con discapacidade

03 de decembro de 2020
  • As seccións de frescos de Mercadona están decoradas con murais elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade.
  • O ano pasado a compañía destinou 2 millóns de euros de investimento a esta iniciativa.

Mercadona e Pamesa Cerámica puxeron en marcha en 2011 un proxecto social para a elaboración dos murais que decoran as seccións de frescos das tendas. Para iso, a compañía conta coa colaboración de usuarios de fundacións e centros ocupacionais que se encargan da creación destas pezas únicas.

En 2019 máis de 1.000 persoas con distintos graos de discapacidade elaboraron máis de 9.000 novos murais, 230 deles para decorar as primeiras tendas da compañía en Portugal. Neste sentido, Mercadona destinou o pasado exercicio 2 millóns de euros, o que permitiu que 32 fundacións e centros ocupacionais traballaran ao longo do ano na elaboración dos murais realizados coa técnica de trencadís (a partir de anacos rotos de cerámica).

Vídeo en español

O proxecto continúa crecendo e consolidándose grazas ao esforzo dos que forman parte das distintas institucións implicadas. A finalidade é ofrecerlles a estas persoas unha formación e un emprego, así como desenvolver outras capacidades como o traballo en equipo e a concentración.

Paralelamente a este proxecto social, Mercadona mantén coa Fundación ONCE o compromiso de mellorar a inclusión laboral das persoas con distintos graos de discapacidade. 

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Mercadona, como parte do compromiso de compartir coa sociedade parte de canto recibe dela, desenvolve o seu Plan de Responsabilidade Social, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas sostibles de actuación que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte deste plan, Mercadona colabora con máis de 285 comedores sociais, 60 bancos de alimentos e outras entidades sociais de España e Portugal aos que doa diariamente alimentos, e participa nas campañas de recollida de alimentos que as devanditas entidades organizan.

De feito, no que vai de ano, a compañía doou a todas estas entidades e organizacións un total de 13.208 toneladas de alimentos, 12.438 en España e 770 en Portugal, cantidades que se foron incrementado dende que a compañía tomase a decisión de reforzar as doazóns aos Comedores Sociais e Bancos de Alimentos cos que a compañía viña colaborando habitualmente.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, baseado nos principios da Economía Circular e enfocado á optimización loxística, á eficiencia enerxética, á xestión de residuos, á produción sostible e á redución de plástico. Nese sentido, destaca que Mercadona, xunto aos seus Provedores Totaler, traballa na Estratexia 6.25 para conseguir en 2025 un triplo obxectivo: reducir un 25 % de plástico, que todos os envases deste material sexan reciclables, e reciclar todo o residuo deste. Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Mercadona é socio dende o ano 2011 do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.

Logo EActiVate