Entrega de produtos de Mercadona á Fundación FAYEC

Mercadona doa 4.600 quilos de alimentos á Fundación FAYEC e á Fundación Padre Garralda

05 de maio de 2020
  • A compañía reafirma a súa colaboración con entidades sociais como as Fundacións FAYEC e Padre Garralda entregando alimentos de primeira necesidade como iogures e produtos de chacinería.
  • Mercadona reforza as doazóns de alimentos durante a excepcional situación ocasionada pola Covid-19, e dá resposta ás necesidades ocasionadas por esta situación de extraordinaria complexidade que estamos vivindo.
  • A compañía, ata o momento, doou ás distintas entidades e organizacións sociais da Comunidade de Madrid máis de 102 toneladas de produtos e alimentos.
  • En 2019 a compañía doou un total de 400 toneladas de alimentos de primeira necesidade tan só na Comunidade de Madrid.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña,  reforza o seu Modelo Responsable durante a situación excepcional que vive o país ocasionada pola Covid-19. Neste sentido, reactiva o seu proceso de doazóns coas entidades sociais da Comunidade de Madrid coas que colabora habitualmente, e procede a aplicar novas medidas que garanten tanto a seguridade das persoas, como a subministración destas organizacións.

Dende o departamento de Relacións Externas de Mercadona indícase que: “A compañía, no seu firme compromiso de estar ao lado dos colectivos máis desfavorecidos, intensifica o seu Modelo Responsable colaborando cos bancos de alimentos e comedores sociais da Comunidade de Madrid, onde doou 400 toneladas de alimentos en 2019. A situación de excepcionalidade que estamos vivindo é moi cambiante e require pola nosa parte axilidade nas nosas decisións e formulacións, cun único obxectivo: facer o que faga falta para dar resposta ás necesidades das persoas máis vulnerables nesta situación de extraordinaria complexidade que estamos vivindo”.

Vicente Álvarez, Director Xeral da Fundación FAYEC destacou “agradezo enormemente a colaboración de Mercadona para que, como dende hai anos, poidamos seguir atendendo ás familias máis necesitadas".

Por outro lado, Consuelo Favieres, Directora Xeral da Fundación Padre Garralda-Horizontes Abiertos, indica que “estamos moi contentos e agradecidos con esta doazón que, xunto coa colaboración diaria que recibimos por parte de Mercadona, reforza o seu compromiso coas persoas que menos teñen e axúdanos no día a día da nosa entidade”.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Mercadona, dentro do compromiso de compartir coas sociedade parte de canto recibe dela, desenvolve o Plan de Responsabilidade Social comentado anteriormente, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte desta política, Mercadona colabora con máis de 240 comedores sociais e máis de 60 bancos de alimentos e outras entidades sociais de España e Portugal, ás que doa diariamente alimentos e participa nas campañas de recollida de alimentos que as devanditas entidades organizan.

De feito, no que vai de ano a compañía doou a todas estas entidades e organizacións un total de 4.130 toneladas de alimentos, 3.926 en España e 204 en Portugal, cantidades que se foron incrementado dende que a compañía o 26 de marzo, tras a paréntese producida como consecuencia do impacto que a Covid-19 tivo nos procesos da compañía, tomase a decisión de reactivar os procesos de doazón de produtos de primeira necesidade aos Comedores sociais e Bancos de Alimentos cos que a compañía viña colaborando habitualmente.

Igualmente, Mercadona colabora intensamente con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con distintos graos de discapacidade.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade medioambiental. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, enfocado á optimización loxística, á eficiencia enerxética e á redución de residuos; parte deste sistema está baseado nos principios da Economía Circular e busca conxuntamente cos Provedores Totaler a conversión dos residuos en novos recursos.  Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Mercadona é dende 2009 membro do Foro Europeo da Distribución para a sostibilidade (REAP), un organismo copresidido pola Comisión Europea no que todos os seus participantes son auditados periódica e externamente en materia de sostibilidade. Ademais, é socio dende o ano 2011 do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.

Entrega de Mercadona a Cáritas Diocesana de MadridEntrega de produtos de Mercadona á Fundación FAYEC

Entrega de Mercadona a Cáritas Diocesana de MadridEntrega de produtos de Mercadona á Fundación Padre Garralda-Horizontes Abiertos.

IstoNONtenquePARAR porque Isto Pasará