Doazón de produtos de primeira necesidade ao Banco de Alimentos de Araba

Mercadona doa máis de 56.000 quilos de produtos de primeira necesidade a entidades benéficas arabesas

05 de maio de 2020
  • Reforza as doazóns de alimentos durante a excepcional situación ocasionada pola COVID-19 para dar resposta ás demandas das persoas máis necesitadas nesta situación de extraordinaria complexidade que estamos vivindo.
  • Hoxe entrega 24.318 quilos de legumes, arroz, pasta e leite ao Banco de Alimentos de Araba.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, entregou a cantidade de 56.484 quilos de produtos de primeira necesidade, como legumes, arroz, pasta e leite, así como produtos frescos e pratos preparados, a entidades sociais arabesas como o Banco de Alimentos e o comedor social Nuestra Señora de los Desamparados.

A compañía fixo efectiva hoxe a entrega ao Banco de Alimentos de Araba de 24.318 quilos de legumes, arroz, pasta e leite, que xunto á realizada a finais de marzo coa doazón de 7.816 litros de leite alcanza un total de máis de 32.000 quilos de produtos de primeira necesidade.

A devandita doazón de alimentos súmase ás que realiza diariamente ao Banco de Alimentos de Araba (que estas últimas semanas, froito da situación ocasionada pola COVID-19, recolleu a Cruz Vermella nos supermercados Mercadona) e ao comedor social Nuestra Señora de los Desamparados en Vitoria-Gasteiz, e que dende o pasado 27 de marzo suman un total de 24.350 quilos máis.

Mercadona responde así ao chamamento feito polo Banco de Alimentos de Araba e reforza as doazóns de produtos de primeira necesidade durante a situación excepcional ocasionada pola COVID-19 co obxectivo de dar resposta e axudar a paliar, na medida do posible, as demandas das persoas máis necesitadas.

O Presidente do Banco de Alimentos de Araba, Daniel Fernández, afirmou que “a situación actual agravou a necesidade de moitas persoas en situación de vulnerabilidade, o que provocou que, ademais das que a diario eran atendidas, actualmente estea aumentando o número de familias necesitadas e agora máis ca nunca necesitemos o apoio e a solidariedade. Calquera achega, ben sexa de alimentos, servizos ou diñeiro, axudaranos a poder atender a persoas en situacións extremas”.

Pola súa parte, a responsable de Relacións Externas de Mercadona en Álava, Miryam Oca destacou durante a entrega ao Banco de Alimentos “o enorme labor que levan a cabo as entidades sociais arabesas” e sinalou que “a doazón de máis de 56.000 quilos de alimentos levada a cabo estas semanas é a nosa pequena contribución para axudar a dar resposta ás necesidades das persoas que máis o necesitan nesta situación de extraordinaria complexidade que estamos vivindo”.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolver parte de canto recibe dela. Co devandito obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía que atende o compoñente social e ético a través de diferentes liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido.

No marco desta política, ademais da colaboración co Banco de Alimentos de Araba, a cadea de supermercados tamén doa produtos ao comedor social de Nuestra Señora de los Desamparados de Vitoria-Gasteiz. A doazón de produtos realízase diariamente, de luns a sábado, e entréganse nas mellores condicións de calidade e seguridade alimentaria para que os voluntarios poidan realizar a repartición destes ás persoas con escaseza de recursos do territorio e, á súa vez, para que se elaboren as comidas diarias no comedor social do municipio vitoriano.

De feito, dende o 1 de xaneiro de 2020 e ata o momento, a compañía doou ás entidades sociais arabesas máis de 116 toneladas de alimentos.

Doazón de produtos de primeira necesidade ao Banco de Alimentos de ArabaDoazón de produtos de primeira necesidade ao Banco de Alimentos de Araba.

José Andrés Gabilondo (Banco de Alimentos de Araba) e Miryam Oca (Mercadona) durante a entrega de alimentos efectuadaJosé Andrés Gabilondo (Banco de Alimentos de Araba) e Miryam Oca (Mercadona) durante a entrega de alimentos efectuada.

IstoNONtenquePARAR porque Isto Pasará