Doazón de produtos de Mercadona ao Banco de Alimentos de La Rioja

Mercadona doa 6.200 quilos de produtos de primeira necesidade ao Banco de Alimentos de La Rioja

01 de outubro de 2020
  • A cadea de supermercados doou 251.000 quilos de produtos de primeira necesidade en 2020 en La Rioja a distintas entidades.
  • Mercadona tamén comezou, recentemente, a colaborar con Cáritas en Alfaro e coa residencia Madre de Dios en Haro, ampliando así a cantidade de entidades rioxanas ás que, diariamente, doa produtos de primeira necesidade.

Co obxectivo de continuar atendendo os colectivos máis desfavorecidos Mercadona fixo efectiva hoxe a entrega ao Banco de Alimentos de La Rioja de 6.200 quilos de alimentos, tales como leite, aceite, legumes e galletas entre outros; así como artigos de limpeza e hixiene persoal como lixivias, deterxentes, dentífricos, xampús e cueiros.

Na entrega estiveron presentes José Manuel Pascual-Salcedo, presidente do Banco de Alimentos de La Rioja, e Imanol Flandes, director de Relacións Externas de Mercadona en La Rioja. Flandes afirmou que “Mercadona continúa reforzando as doazóns en La Rioja, debido á situación excepcional ocasionada pola COVID-19, para dar resposta ás demandas das persoas máis necesitadas”. Pola súa parte Pascual-Salcedo agradeceu “tanto a doazón de hoxe como a colaboración diaria que mantén Mercadona co Banco de Alimentos, especialmente nun ano tan duro coma este”.  

Como parte da súa responsabilidade social empresarial, Mercadona non só realiza esta colaboración co Banco de Alimentos de La Rioja, tamén colabora diariamente, doando produtos de primeira necesidade, coa Cociña Económica de Logroño, a residencia La Concepción de Calahorra e Cáritas de Arnedo.  Todas estas colaboracións traducíronse, durante 2020, en 251.000 quilos de alimentos doados. A iso hai que engadir que, recentemente, Mercadona comezou a doar produtos a Cáritas en Alfaro e á residencia Madre de Dios en Haro, ampliando así a cantidade de entidades rioxanas coas que colabora diariamente.

Mercadona en La Rioja

Mercadona conta en La Rioja con nove tendas, cinco situadas en Logroño e unha en Haro, Alfaro, Arnedo e Calahorra, respectivamente. Todas elas suman un cadro de persoal de 512 persoas, con emprego estable e de calidade. Outro feito que demostra a aposta de Mercadona por La Rioja son os 422 millóns de euros en compras realizadas a provedores rioxanos en 2019, así como o investimento na Comunidade de 6,6 millóns de euros en 2020, cos que ademais de mellorar a súa eficiencia e servizo, reactivará a economía local.

Banco de Alimentos de La Rioja

O Banco de Alimentos de La Rioja é unha fundación benéfica de carácter social, aconfesional e sen ánimo de lucro que está integrada na Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) e da Federación Europea de Bancos de Alimentos (FEBA). Formada por un grupo de voluntarios rioxanos encárgase de recoller alimentos procedentes de excedentes de empresas de alimentación e doazóns de particulares e repartilos entre a xente necesitada de La Rioja. En 2019 os seus 50 voluntarios fixos distribuíron, a través de 80 entidades colaboradoras, un total de 1.350.747 quilos de alimentos a 9.181 beneficiarios.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolver parte de canto recibe dela. Co devandito obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía que atende o compoñente social e ético a través de diferentes liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido.

No marco desta política, ademais da colaboración co Banco de Alimentos de La Rioja, a cadea de supermercados tamén doa produtos a tres comedores sociais: a Cociña Económica de Logroño, a residencia La Concepción de Calahorra e Cáritas de Arnedo. A doazón realízase diariamente, de luns a sábado, grazas aos recursos loxísticos e humanos de Mercadona, que leva os produtos a cada un dos comedores sociais e os entrega nas mellores condicións de calidade e seguridade alimentaria para que os voluntarios poidan preparar as comidas diarias.

A iso hai que engadir que, recentemente, a compañía tamén comezou a colaborar con Cáritas en Alfaro e coa residencia Madre de Dios en Haro, entidades ás cales tamén doa alimentos.

Doazón de produtos de Mercadona ao Banco de Alimentos de La RiojaDoazón de produtos de Mercadona ao Banco de Alimentos de La Rioja.

Logo EActiVate