Exterior tenda Mercadona

Mercadona doa 13.500 litros de leite ao Banco de Alimentos das comarcas de Tarragona

13 de xuño de 2019
  • No ámbito de Cataluña, a compañía entrega máis de 100.000 litros de leite enteiro Hacendado aos catro bancos de alimentos.
  • No momento do peche de 2018, Mercadona doou máis de 700.000 quilos de alimentos e outros produtos de primeira necesidade a diversas institucións e organizacións benéficas das comarcas tarraconenses.

Mercadona fixo efectiva a doazón de 13.500 litros de leite enteiro da marca propia Hacendado ao Banco de Alimentos das comarcas de Tarragona  cumprindo o convenio de colaboración asinado por ambas as dúas partes. Esta doazón súmase á efectuada ao Banco de Alimentos das comarcas de Girona e continuará os próximos meses coa repartición aos bancos de alimentos das comarcas de Lleida e de Barcelona, ata completar os máis de 100.000 litros de leite que a compañía de supermercados doará este ano 2019.

A relación entre Mercadona e a Federación Catalá de Bancos de Alimentos, que engloba os catro bancos de alimentos, iniciouse no ano 2010 coincidindo coa campaña de recollida de alimentos básicos en supermercados e mercados. A relación iniciada hai nove anos entre a cadea de distribución e a entidade benéfica enmárcase dende dúas vertentes: por un lado, poñer a disposición dos bancos de alimentos as tendas de Mercadona nas edicións que organizan para recadar alimentos, e, por outro lado, facer unha doazón de produtos de primeira necesidade para que os bancos de alimentos poidan distribuílos entre as persoas necesitadas a través de entidades benéficas.

Durante o acto de entrega, o presidente do Banco de Alimentos de Tarragona, Eusebio Alonso, afirmou que "unha vez máis Mercadona demostrou a súa xenerosidade e o seu compromiso coas persoas máis necesitadas da nosa demarcación, e reiteramos que empresas coma vós representan un luxo incomparable para a nosa sociedade”. “Por parte do Banco de Alimentos -engadiu- agradecemos a vosa axuda cara á nosa entidade que repercute a diario nas persoas máis necesitadas”.

Neste sentido, a directora de Relacións Externas de Mercadona en Tarragona, Beatriz Feced, agradeceulle ao Banco de Alimentos "a  colaboración levada a cabo para traballar xuntos na loita contra a pobreza" e manifestou que esta nova doazón de 13.500 litros de leite "é a nosa pequena contribución para axudar ás persoas máis necesitadas do noso ámbito".

Eusebio Alonso, Tarragonako Elikagai Bankuko lehendakaria, eta Beatriz Feced, Tarragonako Mercadonaren Kanpo Harremanetarako zuzendaria. Eusebio Alonso, presidente do Banco de Alimentos de Tarragona, e Beatriz Feced, directora de Relacións Externas de Mercadona en Tarragona.


Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolver parte de todo o que recibe dela. Con este obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía que atende o compoñente social e ético a través de diferentes liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido.

No marco desta política, ademais da colaboración co Banco de Alimentos das comarcas de Tarragona, a cadea de supermercados tamén doa produtos a 6 comedores sociais das comarcas tarraconenses. A doazón realízase diariamente de luns a sábado, grazas aos recursos loxísticos e humanos de Mercadona, que leva a cada un dos comedores sociais os produtos e os entrega nas mellores condicións de calidade e seguridade alimentaria para que os voluntarios preparen as comidas.

En total, durante 2018, Mercadona doou máis de 700 toneladas de alimentos e outros produtos de primeira necesidade a varias entidades sociais e organizacións benéficas das comarcas de Tarragona, o que equivale a  12.622 carros da compra.