Entrega de alimentos de Mercadona ao Banco de Alimentos de Las Palmas

Mercadona doa 11.500 quilos de produtos de primeira necesidade ao Banco de Alimentos de Las Palmas

08 de maio de 2020
  • A compañía de supermercados reforza a súa colaboración coa entidade entregando produtos de primeira necesidade como leite enteiro e semidesnatado, preparado lácteo con fibra ou cereais.
  • Mercadona intensifica as doazóns de alimentos durante a excepcional situación ocasionada pola Covid-19 para dar resposta ás demandas das persoas máis necesitadas.
  • A compañía, no que vai de ano, doou ás distintas entidades e organizacións sociais de Canarias 199.000 quilos de produtos e alimentos.
  • En 2019 a compañía doou un total de 479 toneladas de alimentos de primeira necesidade tan só en Canarias.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, entregou hoxe, froito da situación excepcional que vive o país ocasionada pola Covid-19, 11.500 quilos de produtos de primeira necesidade como leite enteiro e semidesnatado, preparado lácteo ou cereais ao Banco de Alimentos de Las Palmas.

No seu compromiso de estar ao lado dos colectivos máis desfavorecidos, a compañía reforzou o seu proceso de doazóns coas entidades sociais de Las Palmas coas que colabora e aplicou novas medidas que garanten tanto a seguridade das persoas como a subministración destas organizacións. Nese sentido, entregou no que levamos de ano máis de 109.000 quilos de alimentos na provincia, dos que 60.000 foron destinados aos comedores sociais Misión Cristiana Moderna, El Refugio Majorero, Fundación Canaria Flora Acoge, La Milagrosa, Nuestra Señora del Carmen e o centro que xestiona Cáritas en Las Palmas de Gran Canaria.

Arcadio Peñate, Director de Relacións Externas de Mercadona en Las Palmas, destaca que: “A situación de excepcionalidade que estamos vivindo é moi cambiante e require pola nosa parte axilidade nas nosas decisións e formulacións, cun único obxectivo: facer o que faga falta para dar resposta ás necesidades das persoas máis vulnerables nesta situación de extraordinaria complexidade que estamos vivindo. Esperamos que as doazóns que estamos levando a cabo axuden neste obxectivos”.

Por outro lado, Pedro Llorca, presidente do Banco de Alimentos de Las Palmas, agradece o labor da compañía: “Mercadona sempre colaborou co noso Banco de Alimentos entregándonos variedade de produtos alimenticios que nos axudan a atender aos desfavorecidos. O contacto permanente coa compañía propicia que coñeza as nosas necesidades e facilita unha relación fluída entre nós. Saber que contamos con seu apoio énchenos de satisfacción e tranquilidade”.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Mercadona, dentro do compromiso de compartir coas sociedade parte de canto recibe dela, desenvolve o Plan de Responsabilidade Social comentado anteriormente, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte desta política, Mercadona colabora con máis de 240 comedores sociais e máis de 60 bancos de alimentos e outras entidades sociais de España e Portugal, ás que doa diariamente alimentos e participa nas campañas de recollida de alimentos que as devanditas entidades organizan.

De feito, no que vai de ano a compañía doou a todas estas entidades e organizacións un total de 4.130 toneladas de alimentos, 3.926 en España e 204 en Portugal, cantidades que se foron incrementando dende que a compañía o 26 de marzo, tras a paréntese producida como consecuencia do impacto que a Covid-19 tivo nos procesos da compañía, tomase a decisión de reactivar os procesos de doazón de produtos de primeira necesidade aos Comedores Sociais e Bancos de Alimentos cos que a compañía viña colaborando habitualmente.

Igualmente, Mercadona colabora intensamente con 32 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con distintos graos de discapacidade.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade medioambiental. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, enfocado á optimización loxística, á eficiencia enerxética e á redución de residuos; parte deste sistema está baseado nos principios da Economía Circular e busca xunto cos    Provedores Totaler a conversión dos residuos en novos recursos.  Ademais, traballa no Proxecto de Distribución Urbana sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes.

Mercadona é dende 2009 membro do Foro Europeo da Distribución para a sostibilidade (REAP), un organismo copresidido pola Comisión Europea no que todos os seus participantes son auditados periódica e externamente en materia de sostibilidade. Ademais, é socio dende o ano 2011 do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.

Entrega de alimentos de Mercadona ao Banco de Alimentos de Las PalmasEntrega de alimentos de Mercadona ao Banco de Alimentos de Las Palmas.

IstoNONtenquePARAR porque Isto Pasará