Especialista de Mercadona realizando unha sesión de coinnovación cunha “xefa” (clienta) por videochamada

Mercadona complementa as sesións presenciais de coinnovación cos seus clientes con videochamadas

12 de maio de 2020
  • A compañía adapta o seu Modelo de Coinnovación, caracterizado por escoitar constantemente ao cliente para desenvolver e mellorar os produtos.
  • En 2019 a compañía realizou 12.500 sesións e desenvolveu 325 novos produtos a través da coinnovación co cliente.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, complementa as sesións presenciais de coinnovación co cliente, que perseguen desenvolver e mellorar a oferta, con videochamadas. Dende que comezou o Estado de Alarma, os traballadores dos departamentos de Prescrición da compañía realizan sesións de coinnovación con este novo sistema, ao tempo que contrastan a calidade de novos produtos e melloras, adaptando os medios para poder seguir mantendo o ritmo e realizar tanto reunións como formacións. Desta maneira, a compañía garante a continuidade do seu Modelo de Coinnovación, caracterizado por escoitar constantemente ao “Xefe” (cliente) e desenvolver, en colaboración co Provedor Totaler, produtos dende a experiencia do consumidor.

Grazas a este Modelo de Coinnovación e aos seus máis de 160 especialistas, traballadores de Mercadona responsables de captar as necesidades dos “xefes”, ben sexa ao pé da tenda, nalgún dos 19 centros de coinnovación que a compañía ten situados en España e en Portugal, ou ben, no fogar dos propios clientes para definir a oferta que necesitan, a compañía realizou en 2019 máis de 12.500 sesións e desenvolveu 325 novos produtos a través da coinnovación. A situación actual que se está vivindo, supuxo a adaptación destes procesos para garantir que o desenvolvemento e a mellora da oferta de Mercadona continúe.

Modelo de Coinnovación: a Estratexia Mandil

Dende 2011 a compañía desenvolve a súa Estratexia Mandil, baseada en compartir cos clientes experiencias e costumes de consumo, limpeza do fogar, aseo persoal e coidado de mascotas; para trasladalas despois aos Provedores Totaler e impulsar, deste xeito, unha colaboración directa no proceso de elaboración dos mellores produtos desenvolvidos e fabricados dende a experiencia do cliente.

Este proxecto pioneiro é un valor diferencial da compañía que, ano tras ano, multiplica a súa creatividade e reforza a súa innovación. En 2019 a compañía investiu 0,5 millóns de euros.

Vídeo en español

Especialista de Mercadona contrastando a calidade no seu domicilioEspecialista de Mercadona contrastando a calidade no seu domicilio.

Especialista de Mercadona contrastando a calidade no seu domicilioEspecialista de Mercadona realizando unha sesión de coinnovación cunha “xefa” (clienta) por videochamada.

IstoNONtenquePARAR porque Isto Pasará