- No primeiro semestre de 2021 Mercadona doou o equivalente a máis de 160.000 carros da compra.
- A compañía apoia e colabora con comedores sociais, bancos de alimentos e outras entidades benéficas de toda España e Portugal.
Un dos compromisos de Mercadona é devolverlle á Sociedade parte do que recibe dela, por iso, dende hai anos a compañía ten en marcha distintas iniciativas sociais. Unha delas é a doazón de alimentos coa que no primeiro semestre de 2021 doou 10.000 toneladas de produtos a comedores sociais, bancos de alimentos e outras entidades benéficas de toda España e as zonas de Portugal onde Mercadona está presente, un 30 % máis que no mesmo período de 2020.
Esta cantidade é o equivalente a máis de 160.000 carros da compra cos que a compañía apoia a máis de 290 comedores sociais, máis de 60 bancos de alimentos e outras entidades de ambos países.
Vídeo en español
Ademais, Mercadona ten implantadas diversas estratexias para evitar e previr o desperdicio de alimentos e colabora con outras iniciativas como a “Gran Recollida” ou as “Operacións Quilo” nas que a compañía apoia cos seus recursos humanos e loxísticos.
Mapa de doazóns de Mercadona realizadas na primeira metade de 2021.
Entidades sociais coas que colabora Mercadona
A nivel nacional, Mercadona colabora coa Federación Española de Banco de Alimentos (FESBAL) e co Banco de Produtos Acompartir. E no plano das Comunidades Autónomas e Cidades Autónomas, a compañía colabora con diversas entidades sociais de forma habitual:
Documento en español
Listado entidades sociales con las que colabora Mercadona durante el primer semestre de 2021
Imaxe de cabeceira: Mapa de doazóns de Mercadona realizadas na primeira metade de 2021.