Clientas realizando a compra nun supermercado de Mercadona

Mercadona destina 150 M€ a baixar de novo os prezos dos seus produtos

15 de xullo de 2024
  • Esta nova baixada, que se suma á realizada o pasado mes de febreiro e que acumula un total de máis de 1.000 produtos rebaixados en 2024, é froito do compromiso da compañía con trasladar as baixadas dos prezos de custo ao PVP e reforzar as súas estratexias de venda.
  • Os “Xefes” (clientes) percibirán un aforro de ata 150 € anuais na súa cesta da compra.
  • Sen tocar a calidade e garantindo a sostibilidade de toda a cadea alimentaria, a compañía continuará baixando prezos no que queda do ano.

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda  en liña, realizou unha nova baixada de prezos da súa oferta, coa que acumula un total de máis de 1.000 produtos rebaixados en 2024. Neste contexto, froito do compromiso de baixar o prezo de venda ao público cando o fan os prezos de custo e reforzar as súas estratexias de venda, a compañía destinou un total de 150 M€ a optimizacións que, sen tocar a calidade, permitiranlle ao “Xefe” (cliente) seguir beneficiándose deste cambio e percibir un aforro de ata 150 € anuais na súa cesta da compra.

Estes esforzos, necesarios para os fogares que confían diariamente en Mercadona, contribúen a ofrecer un carro menú cunha gran calidade ao mellor prezo posible do mercado. Entre os produtos rebaixados destacan algúns alimentos como o peixe, o pan, a pasta e o aceite de oliva. En concreto, no caso deste último produto, a compañía realizou no día de hoxe unha nova baixada das súas variedades Virxe e Virxe Extra que, sumadas ás realizadas dende o mes de xaneiro nas súas tres variedades Suave/Intenso, Virxe e Virxe Extra, fan que Mercadona  baixara de media un 14 % o prezo do aceite de oliva nos seus supermercados.

José Manuel Burguera, director de estratexia de prezos do Departamento de Compras e Prescrición da compañía, destaca o traballo que están realizando os departamentos de Compras e os provedores e interprovedores especialistas “en trasladar as baixadas dos prezos de custo aos PVP para que o cliente se beneficie o antes posible”. Así mesmo, engade que estas baixadas tampouco serían posible “sen os esforzos en produtividade, rendibilidade e xestión que están realizando os 104.000 traballadores e os 3.000 provedores, porque só desta forma se fai sostible para toda a cadea poder baixar os prezos sen tocar a calidade”.

A compañía continuará reforzando a súa cadea de montaxe para detectar oportunidades de mercado xunto cos provedores e interprovedores especialistas cos que colabora.

Clienta realizando a compra nunha tenda Mercadona“Xefa” (clienta) no interior dun supermercado de Mercadona.