Traballador de Mercadona cunha clienta nun supermercado.

Mercadona contrata 7.000 persoas para a campaña de verán 2017

01 de xuño de 2017
  • A compañía contrata 2.000 persoas máis que na campaña de verán de 2016, cando contratou 5.000 persoas, para responder á chegada de turistas e manter a excelencia no servizo.
  • O soldo destes novos empregados de Mercadona é de 1.122 euros ao mes/netos e o período de contratación comprende de xuño a setembro.

Mercadona, empresa familiar de supermercados de capital 100% español, incorpora ao seu cadro de persoal un total de 7.000 persoas de cara á campaña de verán, que se inicia neste mes de xuño até setembro. Isto supón contar con 2.000 persoas máis respecto das 5.000 contratadas durante o verán de 2016.

A necesidade de reforzar o cadro de persoal durante estes meses débese, principalmente, a que gran parte dos seus traballadores e traballadoras gozan das súas vacacións e prodúcese un incremento de clientes coa chegada de turistas ao noso país. O obxectivo desta ampliación é garantir a excelencia no servizo que se lles ofrece aos “Xefes” (clientes) nas máis de 1.600 tendas repartidas por toda España.

Jezabel, traballadora do supermercado Los Tempranales en San Sebastián de los Reyes, Madrid.Jezabel, traballadora do supermercado Los Tempranales en San Sebastián de los Reyes, Madrid.

José Elías Portalés, Director de Contratación de Recursos Humanos da compañía, destacou que conseguir este obxectivo de calidade require preparación e esforzo  “para que estes miles de empregados accedan á formación específica dos seus postos e teñamos a seguridade de que estamos a satisfacer os nosos clientes do mesmo xeito que o facemos durante o resto do ano”. Actualmente, Mercadona conta cun cadro de persoal de 79.000 persoas, após crear no ano pasado 4.000 novos postos máis, todos con emprego estable e de calidade, o cal reflicte o compromiso da compañía co crecemento persoal e profesional do conxunto das súas traballadoras e traballadores.

Este compromiso ten permitido, dentro do marco do Convenio Colectivo da compañía, atinxir importantes fitos en 2016, como por exemplo que o 98% do cadro de persoal cobrase unha prima por obxectivos (300 millóns de euros no seu conxunto), que 7.536 persoas cambiaran de tramo ou categoría laboral (cun incremento salarial do 11%), ou que se garanta, como coas 7.000 persoas que se incorporan para a campaña de verán, que o soldo neto mínimo de entrada en Mercadona sexa de 1.122 euros ao mes.   

Política de Recursos Humanos recoñecida pola ONU

A política de recursos humanos de Mercadona foi recoñecida pola Organización Internacional do Traballo (OIT), dependente de Nacións Unidas, no seu estudo “O Emprego Atípico no Mundo”.  Para a OIT, a aposta de Mercadona polo emprego estable e de calidade, así como o esforzo que realiza na formación e no reparto de beneficios cos traballadores, son factores responsables do éxito da súa política de Recursos Humanos.

 

Imaxe de cabeceira: Sergio e Beatriz, traballador e "Xefa" do supermercado de Villafranca de los Barros, Badajoz.