Mercadona colabora Recogida Bancos de Alimentos Espana

Mercadona colabora na Gran Recollida para os Bancos de Alimentos de toda España

24 de novembro de 2016

Mercadona colabora en la Gran Recogida para los Bancos de Alimentos de toda España

  • A compañía participa na Gran Recollida de alimentos organizada pola Federación Española de Bancos de Alimentos os días 25 e 26 de novembro.
  • Mercadona colabora coa localización de puntos de recollida de alimentos en máis de 1.200 dos seus supermercados de toda España e coa disposición dos seus recursos humanos e loxísticos.

Mercadona únese, un ano máis, á Gran Recollida para os bancos de alimentos de todo o territorio nacional mediante a colocación de puntos de recollida de alimentos en máis de 1.200 tendas. Esta iniciativa cumpre este ano o seu 20º aniversario.

Na Gran Recogida de 2015, grazas aos voluntarios participantes e á solidaridade de milleiros de clientes, Mercadona entregou os alimentos e produtos básicos recollidos a través dos seus recursos humanos e loxísticos aos Bancos de Alimentos, para que se encargasen de distribuílos entre os seus usuarios de toda España.

Desde Mercadona animamos os nosos clientes a participar coa súa solidariedade nos puntos de recollida de alimentos que estarán localizados nas nosas tendas este venres 25 e sábado 26 de novembro.

Máis información sobre a Gran Recollida na  Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL).

Doazóns de alimentos Mercadona

No exercicio 2015, dentro das súas accións de compromiso social, Mercadona doou 4.200 toneladas de alimentos e doutros produtos básicos a organizacións benéficas e sociais de toda España, o equivalente a 70.000 carros da compra. Ademais, Mercadona aplica diversas estratexias para evitar o desaproveitamento de alimentos.

Documento en español

Mercadona colabora en la Gran Recogida

Descargar