AVISO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros coa finalidade de facer que a súa navegación sexa segura, facer análise estatística das visitas á web, así como coñecer o seu comportamento. Se desexa máis información pode consultar a nosa POLÍTICA DE COOKIES. Pode aceptar o uso de cookies pulsando "ACEPTAR" ou Configurar/Rexeitar o seu uso pulsando pulsando "CONFIGURAR/REXEITAR".

Carros Mercadona tenda

Mercadona colabora coa cociña solidaria "Esperanza de la Yedra" en Jerez (Cádiz)

09 de outubro de 2019
  • A compañía entrega a diario produtos de primeira necesidade cos que se poderán atender máis de 12 familias das que dependen unhas 40 persoas.
  • Cáritas Diocesana de Asidonia-Jerez desenvolve esta iniciativa dende 2013 co obxectivo de apostar pola dignificación da persoa, fomentar a súa autonomía e facela partícipe do proceso de elaboración e manipulación dos alimentos.
  • Con este novo acordo, xa son nove as entidades coas que colabora Mercadona na provincia de Cádiz.

No marco da súa responsabilidade social, Mercadona iniciou unha colaboración estable coa Cociña Solidaria "Esperanza de la Yedra" en Jerez de la Frontera (Cádiz) a través da entrega diaria de produtos de primeira necesidade, aptos para o seu consumo, pero non para a venda segundo os criterios da compañía. A doazón realízase diariamente grazas aos recursos loxísticos e humanos que achega Mercadona, e os produtos entréganse nas mellores condicións de calidade e seguridade alimentaria. Con esta iniciativa solidaria axúdase na elaboración das comidas que se realizan de forma diaria nun dos locais da rúa Tío Juane, en Estancia Barrera.

A Cociña Solidaria está promovida por Cáritas Diocesana de Asidonia-Jerez e é un proxecto no que colaboran diversas entidades como a irmandade de La Yedra e o Concello da cidade. O obxectivo que busca é satisfacer as necesidades alimenticias das familias que forman parte da iniciativa, ao tempo que reciben formación e promoven lazos solidarios entre elas utilizando o estímulo das súas capacidades para cociñar, compartir e convivir. A Cociña Solidaria afástase do modelo asistencialista e busca a dignificación da persoa, proporcionando o acceso das familias participantes a unha alimentación diaria, saudable e equilibrada elaborada por elas mesmas e destinada a toda a unidade familiar.

Mila Díaz, coordinadora xeral de Cáritas Diocesana agradécelle a Mercadona a súa colaboración, xa que “grazas a esta achega poderemos seguir cubrindo as necesidades alimenticias das familias participantes, pero sobre todo apostando pola súa dignificación e inserción”. Díaz engade que “este modelo de cociña tamén favorece un espazo de encontro e formación para adquirir coñecementos básicos de axudante de cociña, así como mellorar a autoestima das persoas participantes para que se sintan útiles no seu traballo”.

Por outro lado, cabe destacar que a compañía segue desenvolvendo o seu plan de acción social por medio do apoio a diversas institucións e entidades sociais en Cádiz, provincia na que colabora con outros oito comedores sociais: Amigas al Sur e Virgen Poderosa en Cádiz capital, Nuevo Hogar Betania en La Línea de la Concepción, ACCEM en Arcos de la Frontera, Nuevo Ciclo en Jerez de la Frontera, Padre Cruceyra en Algeciras, a Casa Fogar Federico Ozanam en San Fernando e a Cociña Solidaria "Nuestra Señora del Carmen de Bonanza" en Sanlúcar de Barrameda. Ademais, a compañía fixo a entrega en 2018 de máis de 4.700 quilos de produtos de primeira necesidade ao Banco de Alimentos de Cádiz e do Campo de Gibraltar para distribuílos entre as persoas máis necesitadas.

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é contribuír ao seu desenvolvemento e progreso de forma sostible. Co devandito obxectivo, desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte desta política, Mercadona traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes, así como na construción de cubertas axardinadas e xardíns verticais nas súas tendas.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade medioambiental. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Medioambiental propio, enfocado á optimización loxística, á eficiencia enerxética e á redución de residuos; parte deste sistema está baseado nos principios da Economía Circular e busca conxuntamente cos provedores totaler a conversión de residuos en novos recursos.

Ademais, Mercadona colabora con máis de 170 comedores sociais e 60 bancos de alimentos e outras entidades benéficas de toda España para a doazón diaria de alimentos, así como, a colaboración en campañas de recollida de alimentos. Igualmente, traballa con 33 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.

Mercadona é dende 2009 membro do Foro Europeo da Distribución para a Sostibilidade (REAP), un organismo copresidido pola Comisión Europea no que todos os seus participantes son auditados periódica e externamente en materia de sostibilidade. Ademais, está adherida dende o ano 2011 ao Pacto Mundial das Nacións Unidas pola defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.