Uso de cookies

Empregamos "cookies" propias e de terceiros para elaborar o sitio. Se continuares a navegar debes aceptar o seu uso

Máis información e política de cookies.

Novas bolsas de papel e material reciclado de Mercadona

Mercadona avanza a abril de 2019 a substitución total das bolsas de plástico por outras de papel e material reciclado

05 de febreiro de 2019
  • Entre febreiro e abril de 2019 vaise ir implantando en todas a tendas a retirada definitiva das bolsas de plástico actuais e a substitución por outras reciclables,  reutilizables e recicladas; culmina así  un proceso que se iniciou en 66 tendas en 2018.
  • Os clientes poderán elixir entre tres posibilidades para realizar a compra: unha bolsa de papel, unha bolsa cun 50-70% de plástico reciclado procedente do plástico da embalaxe das tendas de Mercadona, e a cesta de rafia.
  • Mercadona aposta por  animar aos seus clientes a reutilizar as bolsas e cestas que todos temos na casa, co obxectivo de fomentar, entre todos, os principios da Economía Circular.
  • Mercadona fará Economía Circular ao reciclar 3.000 toneladas anuais de plástico das embalaxes das súas tendas para facer bolsas de material reciclado, implicando activamente nesta iniciativa verde os seus clientes, empregados e provedores.

Mercadona, compañía de supermercados e en liña, culminará en abril de 2019 a substitución definitiva en todas as súas tendas das bolsas de plástico actuais por outras de papel, rafia e bolsas reutilizables e reciclables que ademais están fabricadas con 3.000 toneladas de plástico procedente das embalaxes recuperadas nas súas tendas. Unha alternativa, esta última, que implica que clientes, empregados e provedores colaboren para poñer en marcha esta iniciativa de Economía Circular onde prima o aproveitamento dos recursos, a redución, a reutilización e a reciclaxe para alongar a vida dos materiais e evitar que acaben no vertedoiro.

Reutilización e reciclaxe das bolsas de MercadonaReutilización e reciclaxe das bolsas de Mercadona

O obxectivo é implantar esta medida, que se iniciou en 2018 en 66 tendas situadas en València, Bizkaia, Barcelona, Cantabria, Illes Balears, Ceuta e Melilla, no resto da cadea de maneira progresiva. A ampliación comezará durante o mes de febreiro en Catalunya, Madrid e Navarra, e irase ampliando ata chegar ás máis de 1.600 tendas a mediados do próximo mes de abril.

Con esta medida “O Xefe”, como a compañía denomina internamente os seus clientes, poderá escoller para realizar a súa compra diaria entre a tradicional cesta de rafia de 50 céntimos, unha bolsa de papel de 10 céntimos, e unha bolsa reutilizable e reciclable cun contido de plástico reciclado entre o 50% e o 70%, tamén de 10 céntimos.

Bolsa elaborada nun 50-70% con plástico reciclado de MercadonaBolsa elaborada nun 50-70% con plástico reciclado de Mercadona

Ademais, a compañía instalou un novo moble para as bolsas de plástico que utilizan os “xefes” nas seccións de frescos, dotado dun novo sistema dispensador que reduce o dispendio destas. O mecanismo de reposición é máis fácil e intuitivo que o precedente, e facilítalle esta tarefa ao traballador da sección. Así mesmo, está previsto que estas bolsas sexan substituídas por outras de material compostable antes de 2021. Mentres tanto, co compromiso de reducir o consumo de plástico, suprimiuse a zona de precorte para diminuír a cantidade de plástico que quedaba no soporte, e que era desbotada. 

Desta maneira Mercadona reforza a súa aposta pola sostibilidade, compromiso que a levou en 2011 a ser a primeira empresa do seu sector en introducir iniciativas para reducir a utilización das bolsas de plásticos dun só uso, e un ano antes, en 2010, a converterse en pioneira na reciclaxe de plástico con proxectos como o abordado conxuntamente co provedor totaler SPBerner para incorporar unha nova liña de útiles de limpeza (caldeiros, barreños, paus de escoba e fregonas), fabricada co plástico recuperado dos invernadoiros.

Bolsa de papel de MercadonaBolsa de papel de Mercadona

Unha política de acción social sostible integrada na estratexia de RSE de Mercadona

Un dos compromisos que Mercadona mantén coa sociedade é devolver parte de canto recibe dela. Co devandito obxectivo desenvólvese o Plan de Responsabilidade Social da compañía, que atende o compoñente social e ético a través de distintas liñas de actuación sostibles que reforzan a súa aposta polo crecemento compartido. Como parte desta política Mercadona traballa no Proxecto de Distribución Urbana Sostible e na mellora da calidade do aire nas nosas cidades mediante camións e furgonetas propulsados por tecnoloxías máis limpas e eficientes, así como na construción de cubertas axardinadas e xardíns verticais nas súas tendas.

Outra liña estratéxica do Plan de Responsabilidade Social de Mercadona é a sostibilidade medioambiental. Para iso, Mercadona conta cun Sistema de Xestión Ambiental propio, enfocado á optimización loxística, á eficiencia enerxética e á redución de residuos; parte deste sistema está baseado nos principios da Economía Circular e busca conxuntamente cos provedores totaler a conversión dos residuos en novos recursos.

Ademais, Mercadona colabora con máis de 170 comedores sociais e 60 bancos de alimentos e outras entidades sociais de toda España, ás que doa diariamente alimentos, e participa en campañas de recollida de alimentos. Igualmente, traballa con máis de 28 fundacións e centros ocupacionais na decoración das súas tendas con murais de trencadís, elaborados por máis de 1.000 persoas con discapacidade intelectual.

Mercadona é dende 2009 membro do Foro Europeo da Distribución para a Sostibilidade (REAP), un organismo copresidido pola Comisión Europea no que todos os seus participantes son auditados periódica e externamente en materia de sostibilidade. Ademais, é socio dende o ano 2011 do Pacto Mundial das Nacións Unidas para a defensa dos valores fundamentais en materia de Dereitos Humanos, Normas Laborais, Medio Ambiente e Loita contra a Corrupción.