Mochi Xeado de Pistacho Hacendado de Mercadona

Mercadona amplía a oferta de Mochis Xeados co novo sabor a pistacho

24 de xuño de 2021
  • Esta variedade, que xa vende 8.300 paquetes ao día, súmase ás de manga e coco deste doce de orixe xaponesa, que se elabora con masa branda de arroz e está recheo de xeado.
  • O Provedor Totaler Helados Estiu elabora este produto no seu centro de Riba-roja de Túria (Valencia).

Mercadona, compañía de supermercados físicos e de venda en liña, suma á súa selección de Mochis Xeados de Hacendado unha nova variedade con sabor a pistacho, da que xa vende 8.300 paquetes ao día. Os Mochis de Mercadona, que contan cunha grande aceptación por parte dos “Xefes” (clientes), entraron na oferta hai tres anos ata vender hoxe 26.000 paquetes diarios nos seus distintos sabores.

O Mochi Xeado de Pistacho de Mercadona, ao igual que o de coco e o de manga, véndese nun paquete de 6 unidades e é fabricado baixo a marca Hacendado polo Provedor Totaler Helados Estiu nas súas instalacións de Riba-roja de Túria (Valencia).

Trátase dun doce de orixe xaponesa elaborado con masa branda de arroz e recheo de xeado. Para consumilo en óptimas condicións, recoméndase deixalo a temperatura ambiente entre dous ou tres minutos antes de servir.

Mochi Xeado de Pistacho Hacendado de MercadonaMochi Xeado de Pistacho Hacendado de Mercadona.