Mercadona abre una nueva tienda en Calatayud 2Dic

Mercadona abre unha nova tenda en Calatayud (Zaragoza)

02 de decembro de 2016
  • A nova tenda supuxo un investimento de 2,5 millónss de euros, en cuxa construción participaron unha media de 60 fornecedores.
  • O establecemento conta cun cadro de persoal de 55 traballadores con emprego estable e de calidade.

Mercadona inaugurou un novo supermercado en Calatayud (Zaragoza), concretamente no número 13 da Avenida Diputación, esquina coa rúa Papelillo, número 2. A compañía investiu neste establecemento un total de 2,5 millóns de euros. Durante a fase de obra participaron unha media de 60 fornecedores, que deron emprego a máis de 110 persoas.

O centro, ao que se incorporaron 55 traballadores con emprego estable e de calidade, conta cunha superficie de sala de vendas de 1.600 metros cadrados, onde se localizan todas as seccións habituais de Mercadona: carnicería, chacinería, perfumería, alimentación envasada, bebida e droguería. Destacan as renovadas seccións de produtos frescos como a peixería, que inclúe peixe directo da rula; a de forno a granel; e a sección de froita e vexetais, que aposta polos produtos de proximidade. A tenda tamén dispón de zonas de descanso, vestiarios para os traballadores e unha sala de formación.

O horario de abertura do supermercado é de luns a sábado, de 9h00 a 21h30. Do mesmo xeito, os clientes que se movan ao centro en vehículo privado disporán dun aparcadoiro de 190 prazas. Mercadona tamén habilitou o seu servizo a domicilio e a compra online a través da súa páxina web.

O novo supermercado destaca polo seu carácter eco-eficiente, pois incorpora un conxunto de medidas, como recuperadores da calor, iluminación eficiente, temporizadores e portas automáticas, que reducen o consumo enerxético até nun 20%.

Sempre prezos baixos

Os clientes que acudan a este supermercado beneficiaranse da coñecida política comercial S.P.B. (Sempre Prezos Baixos), que Mercadona utiliza de maneira exclusiva. Consiste en garantir o menor prezo unitario dos produtos, coa mellor calidade, de forma permanente. Isto permítelle á compañía ofrecer aos seus clientes maior calidade por menos prezo.

Mercadona en Aragón

A posta en andamento deste supermercado afianza a aposta decidida que Mercadona mantén por Aragón, onde, no peche do exercicio 2015, contaba con 40 tendas e un cadro de persoal de 1.960 persoas, todas elas con emprego estable e de calidade. Nesta comunidade, a compañía mantén relación comercial con 208 pemes aragonesas e realiza compras a fornecedores do dito territorio por valor de 397 millóns de euros ao ano.