Mercadona

Mercadona abre un novo supermercado en Cornellá de Llobregat (Barcelona)

09 de decembro de 2016
  • A nova tenda supuxo un investimento de 1,9 millóns de euros e conta cun cadro de persoal de 39 persoas.
  • Na súa construción participaron 26 fornecedores que empregaron 115 persoas durante a fase de obra.

Mercadona abriu un novo establecemento en Cornellà de Llobregat (Barcelona), concretamente no número 46 da Avenida del Parc. A compañía investiu neste supermercado un total de 1,9 millóns de euros, en cuxa construción participaron 26 fornecedores que empregaron 115 persoas durante a fase de obra.

A nova tenda conta cunha superficie de sala de vendas de 1.600 metros cadrados en que se localizan todas as seccións habituais de Mercadona: carnicería, chacinería, alimentación envasada, bebidas, perfumería e droguería. Do mesmo xeito, destacan as renovadas seccións de produtos frescos, como a peixería, o forno a granel e a sección de froita e vexetais, que aposta polos produtos de proximidade. O centro dispón de zonas de descanso e vestiario para os 39 traballadores que conforman o cadro de persoal, así como dunha sala de formación.

O supermercado abrirá de luns a sábado, de 9h15 a 21h15. Os clientes que acudan realizar as súas compras en vehículo privado disporán dun aparcadoiro de máis de 80 prazas. Do mesmo xeito, a compañía habilitou o seu servizo a domicilio e a compra online a través da páxina web.

Por outro lado, destaca o carácter eco-eficiente do establecemento ao incorporar un conxunto de medidas (como recuperadores da calor, iluminación máis eficiente, temporizadores e portas automáticas) que reducen até nun 20% o consumo enerxético.

Sempre Prezos Baixos

Esta nova abertura permite que os clientes de Mercadona se beneficien da súa coñecida e exclusiva política comercial SPB (Sempre Prezos Baixos), consistente en garantir o menor prezo unitario dos produtos, coa mellor calidade, de forma permanente. É grazas a iso que a compañía pode ofrecer aos seus clientes máis calidade por menos prezo, compromiso, en tempos como os actuais, moi importante para as economías familiares.