Mercadona, empresa máis responsable do sector distribución xeralista

Mercadona, 13 anos consecutivos no Top 3 da clasificación Merco Responsabilidade ESG

23 de xaneiro de 2024
  • A compañía é a máis responsable do sector distribución xeralista.
  • Máis de 53.500 persoas avaliaron as 100 empresas incluídas na clasificación segundo variables medioambientais, sociais e de ética e goberno.

Na 13.ª edición da clasificación Merco Responsabilidade ESG, Mercadona volve situarse como a empresa máis responsable do sector da distribución xeralista en España e continúa no top 3 da listaxe global.

Este ano, o Monitor Español de Reputación Corporativa (MERCO), que ten en conta tres aspectos fundamentais: medio ambiente, sociedade e goberno/ética, contou coa participación de 53.500 persoas, entre elas directivos de diferentes compañías que operan en España e de expertos provenientes de distintos ámbitos como Responsabilidade Social Corporativa, xornalistas, ONG, membros de goberno ou analistas financeiros.

Unha edición máis, Mercadona agradece a súa inclusión na clasificación e séntese moi orgullosa dos resultados, que  recoñecen o esforzo realizado pola compañía e por todo o cadro de persoal que fixo posible que durante este 2023 se seguise traballando en lograr unha calidade excelente nos distintos procesos e ámbitos nos que repercute a súa actividade.

Co obxectivo de seguir sendo unha empresa responsable co medio ambiente e coa sociedade, Mercadona continúa impulsando accións concretas, como: doazóns de alimentos a entidades sociais,  desenvolvendo un Sistema de Xestión Ambiental, apostando por puntos de recarga para vehículos eléctricos e polo transporte sostible, entre outros.

Monitor Empresarial de Reputación Corporativa (MERCO)

MERCO é un dos principais monitores de reputación corporativa, activo dende o ano 1999 e actualmente con presenza en máis de 15 países. Este monitor encárgase de avaliar a reputación das empresas e non recibe ningunha subvención ou patrocinio nin público nin privado, e a súa única fonte de financiamento é a comercialización de informes.